Entrar

 

  IES de Rodeira. Avda. de Ourense, s/n - 36940 CANGAS. +34 986 303 933; ies.rodeira@edu.xunta.gal Matrícula, certificados: secretaria@edu.xunta.gal

Proxecto deportivo de Centro (PDC)

Plan DAFIS

Acción global xestionada a nivel municipal, desde a Concellalía de Educación, Cultura e Deportes, coa finalidade específica de procurar o incremento da actividad física saudable nos escolares, a loita contra o sobrepeso, o sedentarismo e a obesidade infanto-xuvenil na Comunidade Autónoma de Galicia) para toda a poboación escolar do Concello de Cangas e para todos os centros educativos do mismo, de Educación Primaria e Secundaria.

XOGADE: Coñece o meu clube

Fomento de especialidades deportivas en colaboración cos clubes da contorna: remo- Club de Remo Vila de Cangas, windsurf - Club Nautico Cangas, vela, windsurf e kaiak en ruta-Real Club Naútico Rodeira. Tenis de mesa -club Cinania, taekwondo- club Sares TKD de Cangas, bolos celtas-Federación de bolos.

Recreos Activos

Actividades deportivas no patio e pavillón, xestión autónoma do alumnado e participación aberta a todas e todos, profesorado, alumnado

Campeonato Escolar de Fútbol Sala, edición 2021-22

Campionato celebrado no pavillón durante os recreos. Participación de equipos en 3 categorías "Feminina", "ESO", e "Bacharelato e Ciclos Formativos", que supoñen aproximadamente 280 alumn@s máis 12 alumn@s de xestión autónoma e unha chea de público habitualmente nas gradas de todos os niveis do centro, nos partidos. Este ano non se fixo o seguimento por sporty.

Campeonato Escolar de Voleibol, edición 2022-23

Campionato organizado por alumnado da ESO durante os recreos no primeiro trimestre.

Máis e Mellor Actividade Física

Actididade física en varias materias facendo rutas das que sacar contido para as actividades de clase e gardas activas en ausencia do profesorado.

Milla diaria

Roteiro na Praia de Rodeira de 4 Km. diarios en ambos recreos, coa participación aberta a toda a comunidade escolar

XOGADE:

Participamos no  fomento de especialidades deportivas en colaboración cós clubes da contorna, este ano co Club Naútico de Cangas, Bolos Celtas.

Programa 2022-23 de actividades extraescolares

Actividades complementarias

  1. ECOPARQUE MARÍN:  3º da ESO
  2. SURF ; 1º ESO, 2º ESO e 1º Bach
  3. HUMOR AMARELO: 2º da ESO
  4. VIAXE ÁS MÉDULAS, ATAPUERCA E MANZANEDA: 1ºBach
  5. SÁLVORA E ONS: Todo o alumnado, prevista para o último día lectivo.

Xogos Populares no magosto

No día de celebración do magosto o alumnado poido disfrutar da participación en xogos populares.

Xornada de xogos nos remates das avaliacións

O último día da primerira e segunda avaliación organizouse unha xornada se xogos no patio, no pavillón e na praia.

Celebración do Día dos "Xogos Populares Galegos"

En torno ao Día Das Letras Galegas o alumnado pon en prácica xogos tradicionais.

Semana Branca

Viaxe do alumnado de 4º da ESO á estación invernal de Leitariegos do 27 de febreiro ao 3 de marzo

Semanas azúis

Cursiño de formación de dúas semanas en actividades naúticas: vela lixeira ou windsurf e kaiak en ruta, no horario habitual das sesións de Educación Física de cada grupo co seu profesor

VII Remo Indoor Escolar

Organizado polo clube Vila de Cangas de Remo.

Xornada Multideporte Intercentros

Xornada de convivencia deportiva entre o  IES Rodeira e  o IES Mª Soliño celebrada en Rodeira posposto desde a pandemia.

Obradoiro de Ximnasia para persoas adultas

En horario de tarde os maioes poden beneficiarse dun taller de ximnasia de mantenemento

Participación no Consello Deportivo Municipal de Cangas

como membro da Comisión Permanente e representante do profesorado de Educación Física, figura o profesor de EF Fernando Quinteiro do IES Rodeira, neste órgano consultivo, asesor e de participación en materia de educación e actividade física no ámbito municipal

IMÁGENES EN “GALERÍA DE FOTOS”