Información e Novidades

Censo TIC do IES de Rodeira: solicitude para ó alumnado que non completou a enquisa

Precisamos a túa colaboración.
 
Estamos desenvolvendo o censo de recursos TIC dispoñibles polo alumando (basicamente pregunta se tes ordenador/ conexión a internet/cámara web/micrófono e cascos no fogar) que marca a normativa. 
 
 Por favor:
   1) Accede a Aula Virtual do IES de Rodeira, como explicou xa o profesorado: https://www.edu.xunta.gal/centros/iesderodeira/aulavirtual/
   2) Fai clic sobre o curso Censo TIC para alumnado.
   3) Por último, dentro xa do curso, fai clic en: Fai clic aquí para encher e remitir a túa enquisa Censo TIC
 
 
Aviso: se non che aparece o curso Censo TIC para alumnado significa que xa o completaches correctamente.
 
Nota: se non recordas como podes acceder, tes aquí un manual: Alta conta GSuite e Aula Virtual
 
Nota: por favor, se tes problemas ó acceder a Aula Virtual revisa que introduces ben os datos.
     Se aínda así non eres quen de acceder, manda por favor un correo (dende unha das contas de correo que indicaches na túa matrícula) indicando o teu nome, apelidos, curso e grupo e o problema que tes a: soportetic@iesrodeira.gal.
 
Moitas grazas pola túa colaboración!
 

Aprazamento das reunións presenciais coas familias

AS REUNIONS PRESENCIAS CAS FAMILIAS PREVISTAS PARA O LUNS 19 E O MARTES 20 DE OUTUBRO QUEDAN APRAZADAS. A información esencial será remitida as familias por outras vías.

Información da situación e consulta ao alumnado e familias de bacharelato

A adaptación aos novos e cambiantes protocolos de prevención complica a organización do curso 2020/21, dada a alta ocupación do noso Centro. O inicio de curso acaba de retrasarse ata o 23 de setembro. Queremos aproveitar este aprazamento para informar ao alumnado e as familias e coñecer a vosa opinión acerca das tres posibilidades de organización polas que podemos optar neste momento:

Inicio do Curso 2020/2021

A Dirección do IES DE RODEIRA subscribe o escrito presentado polas direccións de Santiago, polo que se retrasa o inicio do curso  a espera de recibir instruccións claras da Administración Educativa.

As reunións informativas cas familias e a incorporación do alumnado previstas para a vindeira semán quedan aplazadas .

Lamentamos os inconvenientes derivados desta decisión

Convocados os premios de ESO ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2019/20

Para acceder a toda a información oficial, por favor, FACER CLIC AQUÍ.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer