Entrar

  IES de Rodeira. Avda. de Ourense, s/n - 36940 CANGAS. +34 986 303 933; ies.rodeira@edu.xunta.gal Matrícula, certificados: secretaria@edu.xunta.gal

Contratos Programa

Logo Instituto abreviado Contratos Programa Xacobeo Galicia

 

O IES de Rodeira participou neste 2023-2024 nos Contrato Programa da Consellaría de Educación coas seguintes actuacións:

CONTRATO PROGRAMA INCLÚE

QUEDA-T

Organización de encontros con escritoras para falar das obras que o alumnado está a ler e traballar. Ademais, organízase un clube de lectura con 3 obras en galego e 3 obras en castelán de entre as publicadas no 2023, e o alumnado (xunto con alumnado do IES Plurilingüe A Paralaia de Moaña e o IES Pino Manso d'O Porriño) decidirá cal é a mellor obra en cada lingua no I Premio BD Tinta de Lura.

IGUALA-T

Organizamos actos, pancartas e un concurso de deseños para camisetas con motivo do 25N. De entre as presentadas, o alumnado seleccionou a preferida e elaboráronse camisolas para todo o alumnado. O mesmo 25N participamos nos actos con outras escolas do Concello de Cangas vestidos coas nosas prendas.

 

CONVIVE-T, INCLUE-T e EMOCIONA-T

En colaboración co gabinete de psicoloxía Emotiva, realizamos talleres e obradoiros para o noso alumnado da ESO.

 

CONTRATO PROGRAMA INNOVA

EDUINNOVA

O grupo de proxecto competencial na biblioteca creou a nosa "Radio Rodeira", unha emisora online de podcasts nos que falamos do noso día a día na escola.

EDUEXCELENCIA

O noso alumnado de portugués aproveitou o 50º aniversario da Revolução dos Cravos para visitar o norte de Portugal. Alí tiveron unha xornada e actividades moi interesantes e intensas entre bibliotecas, librarías e actos conmemorativos!

EDUSOSTIBILIDADE

Quixemos concienciar ao noso alumnado de educación plástica e visual de 3º ESO a respecto da importancia de recuperar e conservar os espazos públicos e comúns do noso concello. Con Lucía aprenderon como procurar novos usos e utilidades a lugares nos que a intervención realizada podería ter sido outra. Ao finalizar, fixeron propostas de recuperación e reutilización dos mesmos, pondo en valor a nosa riqueza medioambiental e patrimonial.


CONTRATOS PROGRAMA 2022-2023