Entrar

  IES de Rodeira. Avda. de Ourense, s/n - 36940 CANGAS. +34 986 303 933; ies.rodeira@edu.xunta.gal Matrícula, certificados: secretaria@edu.xunta.gal

Biblio-Rodeira

A nosa biblioteca escolar é un espazo aberto a toda comunidade educativa que contribúe a fomentar a lectura e a que o alumnado acceda á información e outros recursos para a aprendizaxe das demais áreas e materias, podendo así formarse no uso crítico dos mesmos, contribuíndo a facer efectivos os principios pedagóxicos referidos á lectura. É tamén un punto de encontro entre alumnado, profesorado e familias facilitando así a comunicación, a creatividade, as aprendizaxes, o traballo colaborativo e os intercambios culturais no centro, ademais de servir como instrumento de apoio para o desenvolvemento do plan de lectura.


No noso centro educativo contamos cun espazo privilexiado para o achegamento á lectura de textos literarios e informativos, xa sexa en formato impreso ou dixital, para a adquisición paulatina do hábito lector. A nosa biblioteca escolar contribúe a desenvolver os programas de integración das tecnoloxías da información e a comunicación nas actividades de aprendizaxe, e constitúe un instrumento esencial para o desenvolvemento da materia de Proxecto Competencial, onde se procura a realización de proxectos significativos para os discentes fomentando a lectura, a dinamización da biblioteca e o traballo interdisciplinar abrindo o centro á vida cultural da nosa localidade.


O noso espazo é un apoio imprescindible no desenvolvemento doutros programas do centro que contribúen ao incremento do éxito escolar. O equipo da biblioteca traballa cada día para que a biblioteca sexa útil, estable, sustentable e acorde ás necesidades do século XXI, facendo del espazo creativo de aprendizaxe innovador e inclusivo que apoie a adquisición das competencias clave do alumnado. Contamos con varios clubs de lectura: club manga e o club organizado polo departamento de Lingua Castelá diferenciado en tres niveis: 1º-2º da ESO, 3º-4º da ESO e Bacharelato.


En canto ás instalacións, contamos con espazos para traballar e investigar onde se atopan libros informativos e mesas e cadeiras para o traballo individual ou colaborativo. Así mesmo, dispomos de espazos para ler e escribir, facer lectura individual ou en grupo de libros de distintos xéneros e temáticas, un ambiente de acougo e desconexión. Resulta tamén ser un espacio creativo onde a imaxinación cobra protagonismo nas distintas actividades propostas polo equipo educativo.