Entrar

 

  IES de Rodeira. Avda. de Ourense, s/n - 36940 CANGAS. +34 986 303 933; ies.rodeira@edu.xunta.gal Matrícula, certificados: secretaria@edu.xunta.gal

Folga de alumnado o 10 de maio

A Dirección do IES de Rodeira INFORMA que en reunión extraordinaria da Xunta de Delegadas/os de grupo do día 8 de maio de 2018, esta decidiu SECUNDAR A CONVOCATORIA DE FOLGA convocada polo Sindicato de Estudantes e que terá lugar o día 10 de maio de 2018, mantendo as convocatorias dos exames programados para ese día.

VI Encontros para unha convivencia positiva

Alumnas de 2º da ESO acompañadas de profesores, participan este curso nos VI Encontros para unha convivencia positiva.

Este ano o Centro organizador foi o IES Fontexería. Abordáronse temáticas diferentes.

Para alumnos

  • Novas masculinidades

Para alumnas

  • As relacións de poder nas aulas dende a perspectiva de xénero

XIV Xornadas interculturais no IES de Rodeira

O IES de Rodeira acolle durante estes días as XIV Xornadas interculturais. Obradoiros de secundaria.

Os obradoiros desenvolvidos foron os seguintes:

  • AS COUSA MÓVENSE, A XENTE TAMÉN.........(ECO SUR) Para 1º ESO
  • NON TE CONSUMAS.....................(Solidariedade internacional de Galicia) Para 2º ESO
  • INMIGRANTES...................(Oxfam Intermon) Para 3º ESO Para 3º ESO
  • DESMONTAXE DE FAKE NEWS................(Eco do Sur) Para 4º ESO

oxfam.intermon

Charla "Adicións en drogas e alcol en menores, consecuencias legais como nais e pais"

A ANPA do IES de Rodeira organiza unha charla para os pais/nais do alumnado o mércores 25 de abril ás 19:00h na Sala de Usos Múltiples do instituro, baixo o título "Adicións en drogas e alcol en menores, consecuencias legais como nais e pais", impartida pola Garda Civil.

Folga de alumnado o 19 de abril

A Dirección do IES de Rodeira INFORMA que en reunión extraordinaria da Xunta de Delegadas/os de grupo do día 17 de abril de 2018, esta decidiu SECUNDAR A CONVOCATORIA DE FOLGA convocada polas asembleas de estudantes e que terá lugar o día 19 de abril de 2018, mantendo as convocatorias dos exames programados para ese día.

Listaxe provisional de alumnado admitido para o vindeiro curso 2018-19

Publícase a listaxe provisional de alumnado de 1º de Bacharelato admitido para o vindeiro curso 2018-19. A listaxe definitiva publicarase antes do 15 de maio.

O alumnado dos restantes niveis educativos foi admitido.

Xornadas de Laicismo. Cangas 11,12 e 13 de abril

Durante os días 11, 12 e 13 de abril desenvolveranse as Xornadas de Lacismo en Cangas.

Díptico coa información das xornadas.

Cartel xornadas laicismo

Procedemento para a admisión de alumnado en centros públicos para o curso 2018-19

O alumnado que pretenda iniciar estudos no IES de Rodeira, para os efectos de solicitude de admisión, deberá presentar no centro ou a través da aplicación "admisionalumnado" (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) o formulario normalizado (ED550B) que se publica como anexo II desta orde. O prazo de presentación estará comprendido entre os días 1 e 20 de marzo.
 

Curso de Atención a urxencias sanitarias para familias

A Consellería ofrece ás familias a posibilidade de asistir a unha formación de 9 horas sobre atención a urxencias sanitarias, que será impartida por persoal do 061.
Esta formación  desenvolverase no CFR de Vigo (Camiño do Chouzo nº 2, edific

En negro contra a violencia. Atrévete a romper coas relacións tóxicas.

O sábado 25 de novembro celebrouse, como cada ano, o Día contra a violencia de xénero. Como educadores/as temos todos e todas un importante labor na tarefa de concienciación do alumnado que o axude a saber detectar unha relación tóxica e saber como saír -ou axudar a saír- dela. 

Concentración contra a violencia de xénero

Distribuir contido