En negro contra a violencia. Atrévete a romper coas relacións tóxicas.

O sábado 25 de novembro celebrouse, como cada ano, o Día contra a violencia de xénero. Como educadores/as temos todos e todas un importante labor na tarefa de concienciación do alumnado que o axude a saber detectar unha relación tóxica e saber como saír -ou axudar a saír- dela. 

Concentración contra a violencia de xénero

Para conmemorar este día camiñamos ata a Praza das Pontes para ler un manifesto as 12:00h.

Como signo do noso compromiso na erradicación da violencia fomos VESTIDO DE NEGRO e cada un de nós levaba unha pequena BOLBORETA BRANCA feita en plástico. Ao regreso ao centro, engancháronse as bolboretas na tea negra que envolve o valado exterior do centro.

Podes acceder ao álbum completo de fotos.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer