Procedemento para a admisión de alumnado en centros públicos para o curso 2018-19

O alumnado que pretenda iniciar estudos no IES de Rodeira, para os efectos de solicitude de admisión, deberá presentar no centro ou a través da aplicación "admisionalumnado" (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) o formulario normalizado (ED550B) que se publica como anexo II desta orde. O prazo de presentación estará comprendido entre os días 1 e 20 de marzo.
 
IMPORTANTE: Esta solicitude deberase presentar no centro educativo de orixe ou en calquera das administracións públicas que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, incuíndose por primeira vez este ano a SEDE ELECTRÓNICA.
 
  • ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • Información pública do proceso de admisión 2018/19

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer