O alumnado do IES Mugardos non está cego.
Sabemos que ó noso redor suceden cousas que non están ben, que hai compañeiros que non son felices na escola porque non se atreven a falar. Sabemos que ás veces danse situacións entre nós que producen sufrimento a outros. Sabemos que entre nós hai quen sofre por non ser como os demais pensan que debería ser. Sabemos que hai quen non ten con quen falar. Sabemos que na escola e na casa non atopamos ás veces a axuda que necesitamos. Sabemos que hai quen se sente indefenso. ... Sabemos moitas cousas e queremos facer algo por mellorar.
Probaremos a crear un programa de apadriñamento entre nós O apadriñamento será unha relación de amizade e axuda. Os que participen deberán ser alumnos e alumnas responsables, discretos e capaces de solicitar axuda no centro no caso de atopar algunha situación problemática.
En que consiste? Todo o alumnado de 3º e 4º de ESO e Bacharelato que o desexen poden ser padriños ou madriñas dalgún compañeiro/a que o solicite.
Que poden os padriños e madriñas ao seus afillados/as? Amizade, axuda, confianza, apoio, discreción.
Que hai que facer para ser padriño ou madriña? Cales son as súas misións? Debes cubrir a solicitude, comprometerte a asistir a unhas sesións de formación e respectar as regras do apadriñamento: responsabilidade, discreción e axuda. O padriño ou madriña deberá actuar como un verdadeiro amigo do seu afillado, coñecerá os seus problemas no centro e axudaralle a resolvelos. Periodicamente deberá acudir a unha reunión de todos os padriños e madriñas para valorar a convivencia no centro e introducir melloras no sistema.
Quen poderá ser padriño ou madriña? Atendendo á dispoñibilidade, seguirase a seguinte orde:
- Alumnado de 1º ESO
- Alumnado de 2º ESO
- Alumnado que o necesite. Para saber quen está nesta situación pedirase a opinión de delegados, orientación e xefatura de estudos.
- Alumnado que o solicite.
Quen escolle a quen? Os afillados escollerán os padriños ou madriñas. No caso de haber máis peticións que padriños, estes poderán ter ata dous afillados.
Que pasa se non funciona ben a relación entre un padriño/madriña e o seu afillado/a? Existirá unha comisión de apadriñamento formada por padriños e madriñas, a responsable de orientación e dous membros da dirección do centro que actuará cando xurdan problemas.
|