Teléfono
 
881 938200

Correo electrónico
 
ies.mugardos@edu.xunta.gal

Enderezo
 
Rúa do Cristo s/n

  15620 Mugardos (A Coruña)

 

                  

PLATAFORMAS E AULAS VIRTUAIS
        EDIXGAL MOODLE ABALAR  
           
  RADIO  REDES   VIDEOCONFERENCIA 
 

   

        

O Club do Mar busca nome para a nova traíña

O Club do Mar de Mugardos convoca o seguinte concurso para atopar un nome co que bautizar a nova traíña.


  BASES
  • Buscamos un nome que sexa apropiado ó deporte do remo, ó mar, a Mugardos, a Galiza,......
  • A imaxinación debes poñela ti e facer a túa proposta.
  • Poderá participar calquera persoa, sen límite de idade. Só poderase facer unha proposto por persoa.
  • Prazo e lugar de presentación: Do 19 ó 30 de marzo ambos incluídos; no Club do Mar de Mugardos, ou ben enviando un correo electrónico ó enderezo clubdomarmugardos@hotmail.com nesas datas. É necesario incluír o nome e apelidos do aut@r así como un teléfono de contacto.  ( Os envíos presentados fóra de prazo quedarán automaticamente excluídos do concurso).
  • Premio: Un equipo reprodutor de DVD portátil con pantalla xiratoria.
  • No caso que resulte gañadora unha proposta con varios autores, sortearase o premio entre todos eles.
  • Membros do xurado e fallo dos concursos: O xurado estará composto polo Presidente do Club do Mar, dous Directivos da Sociedade, o adestrador da traíña e un remeiro.
  • O gañador do concurso darase a coñecer publicamente o  31 de marzo e recibirá o seu premio nun evento celebrado posteriormente no que se presentará oficialmente a traíña e a tripulación da mesma.
  • A participación no concurso implica a aceptación das presentes bases.
  • http://www.clubdomarmugardos.com/

     


    SIMPLEMENTE QUERÍA DICIR EN

    SIMPLEMENTE QUERÍA DICIR EN CANTO O APARTADADO DE ESTUDO E DEPORTE SE SE VAN A TER EN CONTA AS HORAS QUE SE DEDICAN AO DEPORTE.PARA MIN NON É O MESMO FACER DEPORTE UN OU DOUS DIAS Á SEMANA(AO MELLOR UNHA HORA CADA DÍA) QUE TER QUE FACER DEPORTE SEIS DIAS INCLUSO OS SETE EN ÉPOCA DE COMPETICÍON E VARIAS HORAS CADA DÍA.