Teléfono
 
881 938200

Correo electrónico
 
ies.mugardos@edu.xunta.gal

Enderezo
 
Rúa do Cristo s/n

  15620 Mugardos (A Coruña)

 

                  

PLATAFORMAS E AULAS VIRTUAIS
        EDIXGAL MOODLE ABALAR  
           
  RADIO  REDES   VIDEOCONFERENCIA 
 

   

        

Conferencia sobre neurociencia de Javier Cudeiro e visita ao MUNCYT

O martes 16-1-24 fomos de visita ao Museo de Ciencia e Tecnoloxía en Coruña tres profesoras dos departamentos de Bioloxía e Filosofía cun grupo de 50 alumnos de Bacharelato de varias optativas. Alí esperábanos o Dr. Javier Cudeiro Mazaira, catedrático de Fisioloxía da UDC e director do Centro de Estimulación Cerebral de Galicia, para darnos unha charla sobre o funcionamento do cerebro. A conferencia foi moi interesante e amena. Puidemos ver en imaxes como lle afecta ao cerebro a privación de estímulos, o estrés, as drogas, a falta de soño... Tamén nos explicou, entre outras cousas, os factores que inflúen na atención, na memoria -como a curva do esquecemento de Ebbinghaus- e os cambios que se producen durante a adolescencia.

Ao acabar a conferencia fomos visitar a exposición temporal Os Labirintos do Cerebro, inspirada na metáfora dos labirintos, que sempre funcionaron como modelos para a investigación e comprensión do funcionamento do noso cerebro.

Por último, a directora do Museo ofreceunos unha visita guiada en dous grupos ao resto de salas do Museo, como a dos inventores españois, na que puidemos ver, entre outras cousas, a maqueta do submarino de Isaac Peral ou a primeira Enciclopedia Mecánica de Ángela Ruiz Robles, antiga mestra en Ferrol.

 

AdxuntoTamaño
MUNCYT CUDEIRO.png1.88 MB