FAMILIAS - ANPA O Castro
|
Parlamento Xove (2017)
Esta fin de semana celebrouse o encontro de debate do Parlamento Xove correspondente á categoría de Bacharalato. O IES de Mugardos participou co equipo formado por Noelia Calvo, Raquel Pérez, Lupa Pérez e Alberto Pérez coa coordinación da profesora de Filosofía, Ofelia Lubián.
Os debates desta fase clasificatoria discorreron nas instalacións do Centro Residencial Docente situado en Culleredo. O tema desta edición era a seguinte pregunta: As novatadas estudantís. Pasaron a ser un suposto de acoso entre a mocidade?
Malia que non resultamos seleccionados para a fase final, completamos unha meritoria participación. Parabéns, equipo, polo traballo e esforzo que representa a preparación desta actividde altamente formativa.