FAMILIAS - ANPA O Castro
|
UNHA LECCIÓN MAXISTRAL DE PRODUTOS FINANCIEIROS
O temario de Matemáticas Aplicadas de promeiro do bacharelato de Ciencias Sociais inclúe no temario matemáticas financieiras no que aparecen co farragoso vocabulario deste tema para os non iniciados. Era o momento de acudir a expertos na búsqueda de axuda. E tivemos a inmensa sorte de contar coa ex-alumna CARMEN PARGA VILASÁNCHEZ, quen, despois de pasar polo IES Mugardos, licenciouse en ADE e na actualidade forma parte da plantilla de ABANCA na sucursal de Ares. Aproveitándonos do seu permiso por maternidade e de acordo coa profesora de Economía, CARMEN MEIRIÑO, pedímoslle que preparase unha lección sobre produtos financieiros para o noso alumnado. Carme mostrou moi boas cualidades docentes e foi quen de achegar ao alumnado conceptos como préstamos personais, hipotecas, TAE... tan importantes para o futuro de calquera cidadá.
Polo seu interese chegamos a presentación de Carme esperando que se convirta nun documento útil de consulta.