FAMILIAS - ANPA O Castro
|
Regreso á actividade lectiva presencial do alumnado de 2.º Bacheralato
Estimadas familias:
Unha das medidas xa anunciadas oficialmente, no caso de pasarmos á Fase 2, é a reapertura dos centros educativos. Isto significa o retorno á actividade lectiva presencial, con carácter voluntario para o alumnado de segundo curso de Bacharelato.
Gustaríanos salientar precisamente o carácter voluntario para o alumnado e as familias que decidan enviar os seus fillos/as ao instituto. O único caso no que está expresamente prohibido a incorporación ás aulas é precisamente o das persoas con síntomas compatibles con covid-19 ou que estean en illamento domiciliario por este motivo.
Para tomar a súa decisión transmitímoslle a seguinte información relativa ás medidas de seguridade e protocolo de medidas de prevención.
O IES de Mugardos abrirá as súas portas para a docencia presencial unicamente ao alumnado de 2.º bacharelato entre o 25 de maio e o 8 de xuño. O 9 de xuño realizarase a sesión de avaliación docente; o 10 de xuño publicaranse en AbalarMóbiles e entregaranse no centro os boletíns de notas co seguinte período de reclamacións e matrícula na ABAU, de ser o caso. E como xa se vén facendo en cursos anteriores, a seguinte semana impartiránse clases preparatorias para probas de acceso á universidade.
No momento de escribir esta circular temos a noticia de que non haberá transporte escolar. Cremos que é un asunto importante e intentaremos informar antes da fin de semana se se autoriza este servizo.
O profesorado cumprirá o seu número de horas semanais, coas excepcións contempladas legalmente para as persoa vulnerables e en situación de risco.
Por razóns de desdobramento de grupos e reducir o número de alumnos/as por aula e mellor cumprimento das medidas de protección, os horarios lectivos serán adaptados. Pode atopar un exemplo provisional para o primeiro día no documento achegado.
En nome do conxunto do claustro de profesores/as transmítolles que nos gustaría contar coa asistencia do maior número de alumnos/as posibles. A dirección do IES de Mugardos cre que é recomendable esta volta ás aulas coas garantías das medidas de hixiene, seguridade e protección que resumimos de seguido.
Atentamente,
____________________________
Medidas de hixiene, seguridade e protección
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Circular 2. bac.pdf | 621.09 KB |