FAMILIAS - ANPA O Castro
|
No Día da ciencia na rúa (A Coruña)
Enviado por admin o Dom, 07/05/2017 - 16:44
Varias alumnas de 2.º ESO acompañadas pola profesora Carmen Bernabéu representaron ao noso instituto na XXII Día da Ciencia na Rúa que se celebrou este sábado no Parque de Santa Margarida da cidade da Coruña. Foi unha intensa xornada moi concorrida de público, o que contribuíu a realizar os obxectivos desta actividade: presentar a ciencia que se fai nos centros escolares, popularizar o coñecemento científico e dar protagonismo ao alumnado.