FAMILIAS - ANPA O Castro
|
Tempo de lembranza con Pilar Iglesias Martínez
|
O 25 de novembro asistimos na biblioteca a unha especial lección sobre a posguerra e represión franquista en Mugardos. Co valor da historia contada en primeira persoa, dona Pilar Iglesias Martínez contounos a dolorosa lembranza da despedida do seu pai, Florentino Iglesias Varela, fusilado en xaneiro do ano 1949; tamén a historia do seu tío, o famoso guerrilleiro Pancho; ou o relato da súa propia detención como nena xunto con gran parte da familia… incluído o carro e a vaca. Entre todos os nomes, salientou a memoria da nai Antonia Martínez Leira como exemplo das grandes mulleres que en tempos tan difíciles loitaron polos seus. Agradecemos á familia Martínez-Iglesias a xenerosidade por ofrecer ao alumnado de ESO e bacharelato a valiosa achega do seu testemuño para transmitir ás novas xeracións a memoria histórica de Mugardos. |
Vídeo na canle Tempo de lembranzas.