Proxectos de innovación educativa
2º ESO
Xeografía e Historia de 2º da ESO - Programación didáctica
Pódese consultar no documento adxunto a programación da materia de Xª e Hª de 2º da ESO feita para este curso 2023-2024 pola profesora Cristina Núñez Castro.
2º ESO A e B
Ola!
Para todas e todos os que estades ausentes.
Nas aulas de galego empezamos o Tema 2, coa lectura e os exercicios 1 , 2 e 3 da páxina 34.
Lembrade que o martes 24 temos o exame do libro de lectura, en 2º B e o mércores 25 en 2º A.
Empezamos tamén coa Narración as páxinas 36 e 37, exercicio 1 e 2
Deberes exercicio 2 da páxina 48.
Sei que son moitas cousas, pero non me funciona aínda a Aula Virtual. Seguide atentos a esta páxina.
Graciñas!!!
Lingua e Literatura Galega 2º ESO
Ben queridas alumnas e alumnos:
Hoxe non hai novas tarefas, só unha cita virtual para volver a vernos antes de que remate o curso. Será como as anteriores en Webex, o xoves 18 de xuño ás 11'00 no noso horario de clases, xa sei que para algún isto é madrugar na nova normalidade :)
Agárdovos a todas e todos.
AS CLAVES:
NÚMERO DE REUNIÓN: 121 253 9039
CONTRASINAL: jbKcTBqZ
Ollo coas minúsculas: jb-c--q-
e coas maiúsculas: --K-TB-Z
Vémonos!
Lingua e Literatura Galega 2º ESO
Ola!
Perdón polo retraso, pero xa vos envío todo en adxunto:
-Un esquema para o traballo dos libros de lectura, voluntario e para entregar ata o 17 de xuño.
-Os exercicios cos verbos irregulares, para practicar e entregar antes do 19 de xuño.
Lingua e Literatura Galega 2º ESO
Ola!
Moi ben a proba dos verbos regulares, en xeral... Parabéns! E como isto se acaba en poucos días, imos facer unhas tarefas máis para aproveitar ben o tempo.
-Exercicios da páxina 115, do 9 ao 14, serven para repasar cousiñas xa vistas.
-Acentuación (Que faltiña nos fai!), a páxina 126 é un repaso da teoría e na páxina 127 facemos todos os exercicios. Con sentidiño!
Enviar por correo todo o traballo feito antes do martes 9.
Nova cita online, reunión en webex o mércores 10 ás 12'30, 5ª hora, avísadevos unhas ás outras e aos pequenos tamén, grazas! As claves da reunión son:
NÚMERO DE REUNIÓN: 121 130 8513
CONTRASINAL: TRMSFp9e
Vémonos pronto!
Lingua e Literatura Galega 2º ESO
Ola!
Como vai todo? / - Tudo bem?
Imos traballar un pouco, hoxe toca ler e para iso imos coa lectura da Unidade 6, páxinas 112 e 113. Para garantir que se le, facemos os exercicios do 1 ao 4, inclusive, da páxina 114, son para enviarme antes do venres 29, que se achega a avaliación.
Tamén tedes nun ficheiro adxunto unha proba de verbos regulares, para enviar case coma un control, antes do mércores 27. Menos tempo, ollo!!
E sigo esperando polos exercicios de portugués.
Saúdos!
Actividades terceiro trimestre
Actividade:
POÑER EN PRÁCTICA NA SUA VIDA DIARIA NESTA TERCEIRA AVALIACIÓN, OS CONCEPTOS APRENDIDOS DURANTE A PRIMEIRA E A SEGUNDA AVALIACIÓN DO CURSO
Metodoloxía:
RECORDO E VISUALIZACIÓN DE PELÍCULAS CON MENSAXES RELIXIOSOS E MORALES. LECTURA DA BIBLIA (NOVO TESTAMENTO), E OTROS LIBROS COMENTADOS NA AULA.
Recursos:
INTERNET, DVDs, LIBROS.
Lingua e Literatura Galega 2º ESO
Ola!
Vémonos esta semana, o mércores 13 de maio ás 12'30, a quinta hora. Para ese día xa saberedes o verbos regulares, non? Vou explicar unhas cousiñas de verbos con alternancias na vogal da raíz, soa peor do que é, de verdade.
As claves da videoconferencia:
ID da reunión: 236 187 640
CONTRASINAL: Fuh274tm
Agardo que esta vez as cousas saian mellor, unha aperta virtual!
Língua portuguesa 2° ESO A
Bom dia!
Não me esqueci de voçês, somente eu não gosto de que tenham muitas tarefas, mas agora preciso avaliar o seu trabalho. Assim que vou pôr umas tarefas para enviar-me ao meu correio eletrónico antes do 20 de maio.
Tarefas:
1° Escreva em oito linhas como é que está a passar o confinamento, as coisas que faz, os sentimentos, as suas opiniões...
Deve empregar pelo menos três números, cinco adjetivos e cinco verbos diferentes.
2° Escreva o Presente e o Pretérito de Indicativo destes verbos:
- ser, estar, ter, dar, fazer, falar, escrever, partir.
Para as dificuldades aconselho usar o dicionário Priberam, muito fácil de atopar em Google e muito simples de usar, se procuram um verbo têm a opção de o conjugar.
Também recomendo ver, escutar e ler a canção de Pedro Abrunhosa: Tempestade, composta nestes dias.
Entregam um comentário breve se gostaram dela ou não e as causas.
Cara turma, até breve!
Lingua e Literatura Galega 2º ESO
Boa tarde!
Despois desta semana con tantos problemas de comunicación, alleos ás nosas vontades, xa vos avisarei para outro momento na semana que vén e agardo que todo saia mellor.
Entre tanto uns poucos exercicios máis, que podedes enviar por e-mail, sobre todo os e as "despistodos/as" que non me están enviando nada... É importante que eu teña traballos vosos nesta situación, se queredes mellorar as notas das avaliacións anteriores.
Tema 5
- Páxina 110
Son os exercicios da proba de avaliación do tema, só ides facer os exercicios: 3,4 ,5, 6, 7 e 8 (neste último usade o dicionario e escribide as 10 liñas)