Proxectos de innovación educativa

         

 

Orientación

Como acceder aos contidos e ás tarefas?

Alumnas e alumnos!

para acceder aos contidos, tarefas ou instrucións das diferentes materias hai dúas opcións:

  • Seleccionar o DEPARTAMENTO correspondente á MATERIA e buscar o contido/tarefa que sexa do voso curso. 
  •  Seleccionar CURSO no bloque ALUMNADO e, dentro deste, o voso (por exemplo 1º ESO). Aí tedes todo o que o profesorado foi colgando (instrucións, materiais, tarefas, etc.). Tede en conta que aparecerán, en primeiro lugar, as publicacións máis recentes.

NOTA

No caso de que non atopedes as materias en CURSOS, podedes ir ao DEPARTAMENTO correspondente e buscar alí a información.

 

Ademais...

 

O DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN elaborou unha GUÍA para acceder aos contidos e axudarvos na organización dos mesmos.

Pinchade no arquivo adxunto

Saúdos!!

 

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN DURANTE A SUSPENSIÓN DAS CLASES PRESENCIAIS por mor do COVID-19

    As funcións de orientación seguirán activas. Realizaranse  a distancia e a través do teletraballo. Todo o alumnado, así como nais/pais e titores/as legais, poderán poñerse en contacto coa orientadora a través do seguinte correo electrónico:

agmurias@edu.xunta.es

    É importante identificar a consulta no CORPO do correo electrónico a través de nome e apelidos máis curso escolar do alumno/a.

   Darase unha resposta o máis rápido posible. En caso de ser necesario contactar telefonicamente, poden enviar correo electrónico co número de teléfono e farase chamada o antes posible.

     Por outro lado, farase uso dos seguintes recursos para facilitar información de interese:

           - WEB do centro

           -FACEBOOK do centro: Ies Terra Cha Trapero Pardo

           -INSTAGRAM do Dpto. de Orientaciónn:  orientacion.iesterracha.castro

 

            A ORIENTACIÓN ACADÉMICO- PROFESIONAL realizarase a través da AUTOORIENTACIÓN do propio alumnado, mediante o PANEL DE INFORMACIÓN ACADÉMICO PROFESIONAL que podemos atopar no apartado de ORIENTACIÓN desta web e que se difundirá a través do Facebook e o Instragram antes indicados. Para calquera consulta máis específica, poderán facelo a través do correo arriba indicado.

             Calquera orientación ou dúbida que poida xurdir, e que a ORIENTACIÓN DO CENTRO poida solucionar, poñédevos en contacto co Departamento de Orientación: planificación e organización de estudos, orientación académico profesional, ABAU,  técnicas de estudo, atención e acompañamento ao alumnado con necesidades educativas, información sobre estudos, ... etc.

           

INFORMACIÓN ACADÉMICO PROFESIONAL

Neste PANEL INFORMATIVO de ORIENTACIÓN ACADÉMICO- PROFESIONAL atoparás 6 GRUPOS de bloques de información: 

  1. ESTUDOS UNIVERSITARIOS
  2. FORMACIÓN PROFESIONAL
  3. ENSINZANZAS DE RÉXIME ESPECIAL
  4. CORPOS E FORZAS DE SEGURIDADE DO ESTADO
  5. GUÍAS INFORMACIÓN ESTUDOS
  6. OUTRA INFORMACIÓN

Estes grupos de información están compostos por BLOQUES. Se pinchas no bloque vas á información que indica o seu nome. 

ATRÉVETE A CURIOSEAR!!! Tes que coñecer INFORMACIÓN para ELEXIR o CAMIÑO por ONDE IR!!

PINCHA NA IMAXE de abaixo E LEVARATE AO PANEL INFORMATIVO

 

 

 

ORIENTACIÓN ACADÉMICA

Podedes atopar información interesante que vos sirve de guía para a vosa orientación académica:

https://www.symbaloo.com/home/mix/13ePGcLKY5

 

Plan Proxecta

Ao longo do presente curso realizáronse no noso centros dous proxectos enmarcados no Plan Proxecta: " Por 365 días de respecto e igualdade" e "Quérote +"

Con estes programas tratouse de concienciar ao alumnado sobre o respecto á diversidade sexual e de xénero e tamén sobre a igualdade entre homes e mulleres sensibilizándoos na prevención da violencia de xénero.

Para desenvolver estes programas leváronse a cabo varias actividades, xogos, exposicións gráficas, charlas, debates, obradoiros ... das cales amosamos unhas imaxes.

Distribuir contido

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

PORTAL EDUCATIVO

Espazo ABALAR

 

 

CONTRATOS PROGRAMA

 

FORMACIÓN PROFESIONAL

PATIOS DINÁMICOS

Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística

Convivencia e Mediación

Fitofaladoiro

 

FITOFALADOIRO

REDES SOCIAIS


 

 

INSTAGRAM DA BIBLIOTECA

 

 INSTAGRAM DE ORIENTACIÓN

 

BLOG EDNL