Proxectos de innovación educativa

         

 

Xeografía e Historia

Xeografía e Historia, 1º, 2º, 3º e 4º da ESO

 

A materia de Xeografía e Historia na ESO achega coñecementos fundamentais para coñecer o noso mundo desde a perpectiva da Xeografía (física e humana) e da nosa Historia dividida en distintos períodos para os distintos cursos: Prehistoria e Idade Antiga en 1º, Idade Media e Moderna en 2º e Idade Contemporánea en 3º e 4º. Tamén ten unha parte importante de traballo arredor do compromiso cívico e global e os retos do mundo actual. 

Hª do Mundo Contemporáneo, 1º de BAC

Materia da modalidade de Humanidades na que nos achegamos dunha maneira dinámica e creativa ós acontecementos, procesos e personaxes máis significativas da Historia Contemporánea occidental relacionándoas co presente e as súas problemáticas desde unha perspectiva que fomente a cidadanía responsable e comprometida co noso futuro. Con moita parte práctica e visual, traballaremos co método historiográfico usando fontes documentais da contorna do alumnado a través de fotografía, obxectos e testemuñas familiares.

Ligazón á aula virtual da materia.

Hª de España, 2º de BAC

Materia troncal e de importancia para a ABAU, nela faise un percorrido pola historia de España e Galicia, con especial fincapé nas idades moderna e contemporánea. Enfócase dunha maneira especialmente orientada á súa superación na ABAU, mais sen perder de vista o coñecemento da nosa histora de cara á comprensión do presente e ó enfoque dos retos do futuro.

Ligazón á aula virtual da materia. 

Hª da Arte, 2º de BAC

Materia da modalidade de Humanidades, na que facemos un percorrido polos períodos, estilos, artistas e obras máis significativas da arte occidental. Con moita parte práctica, visual e algunha que outra viaxe para gozar da arte en vivo.

Ligazón á aula virtual da materia.

Recursos TIC ALFIN/AMI_Instrucións para entregar as túas tarefas en fotografía

A miúdo facemos tarefas á man, e temos que pasalas a imaxe dixital para entregalas. Esta infografía feita por Alexandra Cabana e Anxos Romeo achega claves para facer ben as fotografías e que as nosas tarefas queden ben presentadas. Poden descargala completa nos ficheiros, ben en jpg, ben en pdf.

Recursos TIC ALFIN/AMI_ Converter a pdf

A miúdo facemos tarefas á man, e temos que pasalas a imaxe dixital para entregalas. Esta infografía feita por Alexandra Cabana e Anxos Romeo achega claves para facer ben as fotografías e que as nosas tarefas queden ben presentadas. Poden descargala completa nos ficheiros, ben en jpg, ben en pdf.

Recursos TIC ALFIN/AMI_Enviar unha tarefa

É moi importante ter claras certas cuestións básicas á hora de mandar unha tarefa ou unha mensaxe por correo electrónico (ou outra plataforma) e asegurar que chegue ben e non haxa dúbidas na súa correcta identificación.

Esta infografía feita por Alexandra Cabana e Anxos Romeo achega estas cuestións. Podes descargala completa nos ficheiros, ben en jpg, ben en pdf.

 

Recursos TIC ALFIN/AMI_Elaborar unha bibliografía


 

Para saber citar as referencias bibliográficas e outras fontes de información que utilicedes, podedes consultar o recurso de Pilar Ponte que tedes enriba deste texto. Ora ben, inda que concordo con case todo o que nel se aconsella, penso que o nome propio da persoa autora debe poñerse completo e non só coa inicial, pois así podemos saber o xénero da persoa autora e citala ben se facemos unha referencia a ela noutro contexto que non sexa unha listaxe.

 

Recursos TIC ALFIN/AMI_APPs e WEBs de interese

Hai distintas app e webs que nos axudan á hora de redactar e xestionar a información. 

  • Para maquetar traballos, tanto en tipo póster como nunha presentación de varias diapositivas, é moi útil Canva (ademais do programa específico para presentacións que teñades no voso ordenador).
  • Para crear códigos QR, que serven para crear ligazóns en imaxe que se poden abrir a través dun móbil, podedes usar MeQR ou QR Code Generator.
  • Para consultar dúbidas lingüísticas, recoméndovos instalar a app do Dicionario da Real Academia Galega, para Android ou Apple.

 

Contacto

Para contactar con Alexandra Cabana Outeiro, profesora e xefa de departamento de Xª e Hª, pode usarse o Abalar, a Aula Virtual, o correo aprofedehistoria@gmail.com ou o perfil de Instagram @aprofedehistoria, ademais da opción de chamar ó IES por teléfono.

Para contactar coa profesora do departamento de Xª e Hª Cristina Núñez Castro e con Mari Carmen Fraga, profesora do Departamento de Inglés con afín de Xeografía e Historia, pódese chamar ó IES ou enviar mensaxe por Abalar ou correo electrónico.

Distribuir contido

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

PORTAL EDUCATIVO

Espazo ABALAR

 

 

CONTRATOS PROGRAMA

 

FORMACIÓN PROFESIONAL

PATIOS DINÁMICOS

Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística

Convivencia e Mediación

Fitofaladoiro

 

FITOFALADOIRO

REDES SOCIAIS


 

 

INSTAGRAM DA BIBLIOTECA

 

 INSTAGRAM DE ORIENTACIÓN

 

BLOG EDNL