Proxectos de innovación educativa

         

 

Taboleiro

Asesoramento de pedimentos á Biblioteca

Non sabes que levar para o verán? Mándanos un mail a bbtk.iesterracha@gmail.com ou unha mensaxe por Instagram a @bbtk.iesterracha e dinos o título dalgunhas películas e libros que che gustaran e os teus gustos e farémosche unha escolla que che vai gustar! 

Préstamos da Biblioteca

Chegou o verán e hai que facer provisión de libros e películas para este novo tempo. Ampliamos o número de préstamos a 6 libros e/ou películas que queiras levar, non os tes que devolver ata setembro. Consulta o catálogo da biblioteca en OPAC Meiga (busca en Google ou preme nesta ligazón). Queres un libro en concreto? Busca por títulos. Gustouche o de algunha autora e queres ler outro dela? Busca por autoras/es. Tes preferencia por algunha temática en especial? Busca por materias, como misterio, amor, flora, aves...
Fai unha listaxe de ata 8 títulos, asignarémosche ata 6 segundo a orde na que os pidas, e por orde de chegada dos pedimentos. Manda a listaxe por mensaxe ó Instagram @bbtk.iesterracha ou por correo electrónico a bbtk.iesterracha@gmail.com, achegando o teu nome completo e número de lector/a se o lembras.
Os encargos recolleranse na biblioteca o martes 30 de xuño no horario que tedes na imaxe.

Enlace ó catálogo:
http://www.opacmeiga.rbgalicia.org/Biblioteca.aspx?CodigoBiblioteca=LED022

Devolucións da Biblioteca

Chega o tempo de recoller os libros e as películas que poidades ter da biblioteca. Gárdaos nunha bolsa pechada na que inclúas o teu nome completo e número de lector/a da biblioteca se o lembras. Esa bolsa entrégalla á persoa titora o día que entregues os libros de texto, ou en conserxería calquera día antes do martes 30 de xuño

HORARIOS DOS EXAMES FINAIS DO DEPARTAMENTO DE AGRARIA

HORARIOS DOS EXAMES FINAIS DO DEPARTAMENTO DE AGRARIA

Como acceder aos contidos e ás tarefas?

Alumnas e alumnos!

para acceder aos contidos, tarefas ou instrucións das diferentes materias hai dúas opcións:

  • Seleccionar o DEPARTAMENTO correspondente á MATERIA e buscar o contido/tarefa que sexa do voso curso. 
  •  Seleccionar CURSO no bloque ALUMNADO e, dentro deste, o voso (por exemplo 1º ESO). Aí tedes todo o que o profesorado foi colgando (instrucións, materiais, tarefas, etc.). Tede en conta que aparecerán, en primeiro lugar, as publicacións máis recentes.

NOTA

No caso de que non atopedes as materias en CURSOS, podedes ir ao DEPARTAMENTO correspondente e buscar alí a información.

 

Ademais...

 

O DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN elaborou unha GUÍA para acceder aos contidos e axudarvos na organización dos mesmos.

Pinchade no arquivo adxunto

Saúdos!!

 

XORNALISMO NA ESCOLA

Hoxe, 15 de abril de 2016, desenvolveuse no noso instituto o Obradoiro "Xornalismo na escola", dirixido a alumnado de 4º ESO e impartido por Mayte Silva.

O principal obxectivo do obradoiro era o de introducir o alumnado no mundo dos medios de comunicación.

3º PREMIO MINERVA DE POESÍA

"Non deixedes que vos miren o móbil"

Tamara Fernández Labrada, 3º Premio Minerva de Poesía

Entrega Premios Literarios Minerva

 Parabéns, Tamara! Orgullosas e orgullosos de ver como unha alumna nosa acada un premio tan importante no panorama literario galego. Autora duns poemas con moita forza e personalidade e promesa da poesía chairega. Os teus versos foron loados polas grandes e polos grandes. 

"Como resultado do debate que deu lugar á elección dos premios e dos finalistas, o xurado de poesía tivo ocasión de comprobar que os poemas premiados son dunha extraordinaria calidade o que parece garantir o futuro da poesía galega. Sorprende, tamén, a cultura poética dos premiados dada a súa mocidade. "

http://www.peleteiro.com/sec-actualidad-noticia.php?id=362 

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES E COMPLEMENTARIAS

AS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES E COMPLEMENTARIAS DO CENTRO SON TODAS AQUELAS PROPOSTAS POLOS DEPARTAMENTOS DIDÁCTICOS EN COMISIÓN DE COORDINACIÓN PEDAGÓXICA

E LOGO APROBADAS POLO CONSELLO ESCOLAR. TODAS TEÑEN UNHA FINALIDADE DIDÁCTICA E ESTÁN INCORPORADAS ÁS PROGRAMACIÓNS DOS DEPARTAMENTOS DIDÁCTICOS, APROBADAS POLA INSPECCIÓN EDUCATIVA. 

A DATA DE 19 DE XUÑO, REMATADO O CURSO, NON QUEDA PENDENTE DE REALIZACIÓN NINGUNHA ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR OU COMPLEMENTARIA. 

Neve no Instituto

A MARIÑEIRA no IES da Terra Chá

 

O EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA ORGANIZA UNHA CHARLA-COLOQUIO SOBRE O TELEFILME A Mariñeira

SERÁ O DÍA 3 DE MAIO ÁS 16:00 h NO SALÓN DE ACTOS DO INSTITUTO

Distribuir contido

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

PORTAL EDUCATIVO

Espazo ABALAR

 

 

CONTRATOS PROGRAMA

 

FORMACIÓN PROFESIONAL

PATIOS DINÁMICOS

Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística

Convivencia e Mediación

Fitofaladoiro

 

FITOFALADOIRO

REDES SOCIAIS


 

 

INSTAGRAM DA BIBLIOTECA

 

 INSTAGRAM DE ORIENTACIÓN

 

BLOG EDNL