Proxectos de innovación educativa
1º ESO
Lingua e Literatura Galega 1º ESO - A
Ola!
Unha nova semana confinados, espero que esteades todas e todos ben.
Agora imos empezar a estudar os Verbos Regulares en galego. Teoría na páxina 106 e exercicios na 107, facemos todos.
Pero ademais ides ter que aprender e memorizar a conxugación regular en galego. Os modelos están na páxina 195, no APÉNDICE GRAMATICAL, serven de modelos os verbos: andar, varrer e partir.
Para memorizalos hai que escribilos moitas veces, aprender todos os tempos, modos e persoas. Fácil, verdade?
IDENTIDADE DIXITAL 1º ESO
Bo día:
No arquivo que se xunta vai a tarefa para realizar o venres 27 de marzo.
Vou enviar tamén a tarefa aos correos das familias, mais non temos contacos de todas.
Se desexan comunicarmo poden facelo ao correo do centro ou ao que figura no traballo que se xunta.
Para o alumnado
Unha vez rematdao o traballo, se podedes enviádemo de volta e así eu podo corrixilo e volver a envialo.
Coidádevos moito
Un saúdo
Teresa
Lingua e Literatura Galega
TAREFAS PARA A SEMANA DO 23 AO 27 DE MARZO
TEMA 5
Exercicios da páxina 102 (1,2 e 3) e da páxina 103 (4 e 6)
Estudar a teoría das paxinas 104 e 105, ideas principais e exemplos. Facer todos os exercicios da páxina 105
Para os que aínda non remataran de ler o libro de lectura obrigatorio, O segredo da vella librería, aconsello que o vaia facendo. Sería moi bo ler algún libro máis en galego, sei que están pechadas as librerías e as bibliotecas, pero se podedes conseguir algún libro axeitado para a vosa idade, podemos ver a maneira de ter ese esforzo en conta para puntualo.
Coidádevos moito, vémonos pronto!
Lingua e Literatura Galega
Actividades e exercicios para o alumnado de 1º ESO - A
Para que non deixedes de traballar e aprender nestes días.
TEMA 4-
Rematamos o tema facendo a proba da páxina 92, todos os exercicios.
TEMA 5-
Feita a lectura na aula, facedes os seguintes exercicios:
páxina 96- Exercicios: 1-3-4-5-6
páxina 97 - Todos os exercicios.
páxina 98 - Ler con atención e copiar na libreta as idea principais de cada parágrafo.
páxina 99 - Todos os exercicios
De momento son abondos, ide traballando todos os días un pouco. Seguimos en contacto.
Saúde para tod@s!
Matemáticas 1º ESO
En Matemáticas de 1º de ESO estamos pendientes de examinarnos de los temas 7 y 8 (Francciones); los teníamos casi acabados. Así que vuestro trabajo durante estos días consiste en repasar esos dos temas. Procurad hacer todas las actividades sin mirar las soluciones; si hay alguna que no os sale podeis mirar un poco para ver cómo se sigue. Por si hay algún ejercicio que seguís sin entender, os dejo un correo electrónico donde podéis preguntarme: rcanhedob@gmail.com.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4