Proxectos de innovación educativa

         

 

Lingua Galega

Lingua e Literatura Galega 2º ESO

Ola! Tudo bem?

Agardo que esteades traballando moito e que xa saibades a conxugación dos verbos regulares en galego. Por iso hoxe vou poñervos unha proba, para ir practicando. A idea é que a contestedes sen libro e despois fagades unha auto-corrección, as trampas son unha parvada suprema. Un exame de verbos parécese moito a isto:

1º.- CONXUGA:

Presente de Indicativo: vivir e varrer

Pretérito de Subxuntivo: servir e bailar

Pretérito de Indicativo: andar e partir

Presente de Subxuntivo: comer e saltar

Infinitivo Conxugado: cantar e subir

Futuro de Sunxuntivo: cantar e correr

Antepretérito de Indicativo: amar e bater

  

 2º.- INDICA: persoa, número, tempo, modo, verbo e conxugación.

-obedezamos

-bailardes

-subistes

-cantaría

-estudaches

-caerades

-oio

-escribiren

-saíu

-marchen

MOITO ÁNIMO!!!

Lingua e Literatura Galega 1º ESO - A

Ola!

Unha nova semana confinados, espero que esteades todas e todos ben.

Agora imos empezar a estudar os Verbos Regulares en galego. Teoría na páxina 106 e exercicios na 107, facemos todos.

Pero ademais ides ter que aprender e memorizar a conxugación regular en galego. Os modelos están na páxina 195, no APÉNDICE GRAMATICAL, serven de modelos os verbos: andar, varrer e partir.

Para memorizalos hai que escribilos moitas veces, aprender todos os tempos, modos e persoas. Fácil, verdade?

Lingua e Literatura Galega 1º BAC

Ola!

Queridas alumnas e alumnos de 1º:

Que tal levades a corentena? Agardo que estudando un pouco cada día.

Para esta semana un pouco de literatura:

TEMA 13 - A LITERATURA GALEGA NOS SÉCULOS ESCUROS -

- Ides preparando uns esquemas ou resumos, son fáciles de facer, das páxinas 286, 287, 288 e 289.

- Tamén imos facer un comentario poético, isto xa non son cantigas, volvemos á poesía clásica, métrica, estrofas e recursos tradicionais. Páxina 292 "Respice finem" de Pedro Vázaquez de Neira. Facedes métrica, rima, estrofa e recursos literarios, ademais contestades ás tres preguntas que acompañan ao poema.

Quería recomendarvos algunha lectura en galego, sei que as librarias e as bibliotecas están pechadas, pero a tecnoloxía pode permitirnos ler algo. Aquelas e aqueles que poidades buscade algunha lectura axeitada á vosa idade. Facédeo ben presentadiño, para entregalo cando nos volvamos ver. 

Non debería, pero vou deixar o meu correo, para dúbidas, cosultas ou o que precisedes: natie@edu.xunta.es

Saúde e Terra!

Lingua e Literatura Galega

TAREFAS PARA A SEMANA DO 23 AO 27 DE MARZO

TEMA 5

Exercicios da páxina 102 (1,2 e 3) e da páxina 103 (4 e 6)

Estudar a teoría das paxinas 104 e 105, ideas principais e exemplos. Facer todos os exercicios da páxina 105 

Para os que aínda non remataran de ler o libro de lectura obrigatorio, O segredo da vella librería, aconsello que o vaia facendo. Sería moi bo ler algún libro máis en galego, sei que están pechadas as librerías e as bibliotecas, pero se podedes conseguir algún libro axeitado para a vosa idade, podemos ver a maneira de ter ese esforzo en conta para puntualo.

Coidádevos moito, vémonos pronto!

 

Lingua e Literatura Galega

Miñas queridas alumnas e alumnos de 2º de Eso:

Agardo que estes días non se fagan demasiado aburridos para vós, para que poidades seguir aprendendo aí van algunhas tarefas máis.

Por se algún despistado/a non sabe que o último día de clase xa puxen tarefas, aí van en primeiro lugar, deberían estar feitas:

 - TEMA 4:

Rematámolo facendo todos os exercicios da páxina 90.

- TEMA 5:

Lectura da páxina 93, ler con calma e ler en voz alta tamén, para practicar.

Exercicios da páxina 94: 1,2,3,5 e 7  Continúan na páxina 95 e facemos todos os exercicios.

Tamén facemos todos os exercicios das páxinas 100 e 101, precisades dicionario para o vocabulario.

- TAREFA NOVA -          SEMANA DO 23 AO 27 DE MARZO

Empezamos co VERBO, materia de estudo para exames vinderiros. Páxinas 104 e 105 cos exercicios incluídos. Debedes completar isto coa memorización da Conxugación Regular dos verbos da páxina 197 do Apéndice gramatical (verbos modelo: andar, varrer e partir)

Temos que sabelos perfectamente! Recomendo aprendelos escribíndoos varias veces...

Para variar, algo de ortografía nas páxinas 106 e 107, tamén todos os exercicios. 

Coidádevos moito e aproveitade o tempo. 

Vai correr tudo bem! Até breve...

PROPOSTA DE TRABALLO PARA 3º ESO A , 3ºESO B e 4º ESO

Bo día! 

Agardando que todo vos vai ben dentro desta situación que nos toca, vou lembrarvos algunhas cousas que estabamos a facer e novas tarefas. 

Para 3º A  ESO

1.- Quedamos traballando o bilingüismo e diglosia (páxina 80). Seguides facendo os exercicios 1, 2 e 3  da páxina 81.

2.- Ler a teoría do adxectivo (paxinas 82-83). Fixarse primeiro na clasificación en adxectivos explicativos e especificativos.

-Facer os exercicios 1,2 e 3 da páxina 84. 

Despois ler atentamente os Graos do adxectivo, ver a diferenza entre cada un. O grao comparativo está explicado máis detalladamente na páxina 83; fixarse nos elementos importantes para formalo, os adverbios e conxuncións.

-Facer os exercicios 4,5,6,7,8 e 9 das páxinas 84 e 85.

3.- Exercicios de reforzo e ampliación: Páxina 88, exercicios 1,6,8,9,10,11,12.   

Páxina 89, exercicios 20,22 e 23.

Ter en conta

a) Debedes escribir nos vosos cadernos  todos os exercicios . Indicar sempre as páxinas e nº de exercicio. Copiar os enunciados completos das páxinas 84,85,88 e 89.

b) Seguide practicando o recitado do poema de Rosalía e aproveitade para ler outros poemas dela , de calquera dos seus libros.

c) Se algún ten pendente de ler o libro de lectura da 1º ou 2ª aval. que aproveite para lelo. Farase unha recuperación deles.

Moito ánimo, mantede o ritmo!.  

 

 

 Para 3º B ESO


1.-Ler con atención a teoría do substantivo nas páxinas 54 e 55. Fixarse, aínda que non é algo novo, no xénero,formación do feminino e na formación do plural.


- Facer os exercicios 1,2,3,4 e 5 da páxina 57. 

- Actividades de reforzo e ampliación: facer os exercicios 3,4,5 e 6 da páxina 60.

2.- Léxico "O tempo metereolóxico". Facer todos os exercicios das páxinas 78 e 79. No exercicio 4 redactar a explicación da predición metereolóxica fixándose nas provincias e lembrando empregar os puntos cardinais indicados no exercicio 2.

Ter en conta

a) Debedes escribir nos vosos cadernos  todos os exercicios . Copiar os enunciados completos coas respostas . Indicar sempre as páxinas e nº de exercicio.

b)Coidade a presentación e caligrafía.

c) Seguide practicando o recitado do poema de Rosalía e lede outros poemas dela , de calquera dos seus libros.

d) Se algún ten pendente de ler o libro de lectura da 1º ou 2ª aval. que aproveite para lelo. Farase unha recuperación deles.

Moito ánimo, mantede o ritmo!.  

 

-----------------------------------------------------------

 

Para 4º ESO

1.-  Explicaramos e leramos algún texto do tema das vangardas. Estivemos facendo exercicios de ortografía e puntuación. Repasade a teoría nas páxinas 32, 60 e 84 cos exercicios que fixemos.

2.- Actividades de reforzo. Páxinas 86-87, exercicios 1, 2, 10 e 11( para este mirar o texto da páxina 68)

Proba de avaliación na páxina 88, exercicios 1, 2, 3, 7 e 9.

3.- Tema 4. Galicia na guerra civil e na ditadura. Xa foi comentado na aula , volver a ler cada apartado e facer un resume deles.

Lieratura  do exilio (páxina 92). Ler tamén cada apartado e resumir.

-  Ler con atención os textos das páxinas 94 e 95. Buscar o significado de todas as palabras que descoñezades.

- Facer exercicios da paxina 93 e páxina 95. 

- Lectura atenta e tamén buscando  as palabras descoñecidas da lectura das páxinas 96-97.

- Facer exercicios das páxinas 98-99: exercicios 1,2,3,4,5, *,10,11,12 e 13.  O exer. 9  redactádelo por escrito como se llo foses contar a alguén.

 

Ter en conta

a) Debedes escribir nos vosos cadernos  todos os exercicios . Indicar sempre as páxinas e nº de exercicio. Copiar os enunciados completos  coas respostas.

b) Coidade a presentación e caligrafía. Tesdes moito tempo!.

c) Se algún ten pendente de ler o libro de lectura da 1º ou 2ª aval. que aproveite para lelo. Farase unha recuperación deles.

 

Como titora

- Cada un debe estarse organizando xa.  Eu recomendo que manteñades un horario semanal de materias, para ir repasando cousas feitas ou as tarefas que vos imos mandando.

- Mantede unha axenda diaria coas cousas que facer e que fixestes. Mesmo outras actividades  de lecer e entretemento.

-Se tedes materias pendentes prestádelles tamén atención.

-Se alguén non ten acceso a esta información tentar facilitarlla.

Calquera dúbida  plantexaina a través da dirección do centro, o correo ies.terra.cha@edu.xunta.gal  ou a titora.

 Mantede o ritmo e moito ánimo! 

 

 

 

 

 

 

Lingua e Literatura Galega

Ola!

Temos que seguir traballando un pouco. Déixovos tarefa para uns días, organizádevos e aproveitade o tempo con xeito e con sentidiño!

TEMA 4 - 

LER E COMPRENDER: Páxinas 84 e 85, materia para exame:

- USOS ESPECIAIS DAS FORMAS ÁTONAS

- VALORES DE SE

(Son complicados, pero vós podedes)

LER E RESUMIR: Páxinas 87, 88 e 89 - PRONOMES RELATIVOS, INTERROGATIVOS E EXCLAMATIVOS. Tamén son materia de exame.

- Exercicios 11 (todos os apartados) e 12 da páxina 93.

Para máis exercicios variados recomendo a páxina galego.eu

TEMA 13 -

LER E RESUMIR: Todas as páxinas dende a 278 até a 284.

Exercicio 1 da páxina 285

SAÚDE E SEGUIMOS EN CONTACTO!

Lingua e Literatura Galega

Actividades e exercicios para o alumnado de 1º ESO - A

Para que non deixedes de traballar e aprender nestes días.

TEMA 4-

Rematamos o tema facendo a proba da páxina 92, todos os exercicios.

 

TEMA 5-

Feita a lectura na aula, facedes os seguintes exercicios:

páxina 96- Exercicios: 1-3-4-5-6

páxina 97 - Todos os exercicios.

páxina 98 - Ler con atención e copiar na libreta as idea principais de cada parágrafo.

páxina 99 - Todos os exercicios

De momento son abondos, ide traballando todos os días un pouco. Seguimos en contacto.

Saúde para tod@s!

 

 

EN PADRÓN, NA CASA DE ROSALÍA DE CASTRO

AS NOSAS RAPAZAS E RAPACES DE 1º DE BAC SABOREANDO UNHA FERMOSA XORNADA NA CASA DE ROSALÍA DE CASTRO... E LOGO PONTEVEDRA

NA CASA DE ROSALÍA DE CASTRO

Obradoiro da cesteira Idoia Cuesta

O xoves 29 estivo no noso instituto a cesteira de Outeiro de Rei Idoia Cuesta, Premio Nacional de Artesanía 2014.

Explicounos as diferentes técnicas empregadas na elaboración de obxectos de cestería, así como dos materiais empregados. Acompañou a súa explicación con exemplos de múltiples cestos. 

 

Máis información sobre Idoia Cuesta:

http://www.idoiacuesta.com/ 

 

Distribuir contido

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

PORTAL EDUCATIVO

Espazo ABALAR

 

 

CONTRATOS PROGRAMA

 

FORMACIÓN PROFESIONAL

PATIOS DINÁMICOS

Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística

Convivencia e Mediación

Fitofaladoiro

 

FITOFALADOIRO

REDES SOCIAIS


 

 

INSTAGRAM DA BIBLIOTECA

 

 INSTAGRAM DE ORIENTACIÓN

 

BLOG EDNL