Skip to Content

Dirección

Información relacionada coa dirección do IES O COUTO de Ourense.

EQUIPO DIRECTIVO

 

Fco. Antonio Rodríguez  Director
Serafín Alonso Pintos  Vicedirector
Francisca Vega  Secretario
Antonio Freire  Xefatura de estudos

PLANOS DE CIRCULACIÓN DE ENTRADAS E SAÍDAS DO CENTRO

PLANOS DE CIRCULACIÓN

>>> Premer na imaxe para ver os planos de circulación de entradas e saídas

INICIO DE CURSO 2020-21

 

Facer clic na imaxe para ver a información do inicio de curso >>>>>

 

O día 22 de setembro enviarase por mensaxería Abalar o grupo que corresponde a cada alumno e alumna do centro.

Todos esta información está suxeita a cambios en función da situación sanitaria. Recomendamos consultar a páxina web do centro con frecuencia.

URXENTE - CUESTIONARIO SOBRE CONECTIVIDADE NA CASA

URXENTE - CUESTIONARIO SOBRE CONECTIVIDADE NA CASA

INFORMACIÓN SOBRE A 2º AVALIACIÓN

INFORMACIÓN SOBRE A SEGUNDA AVALIACIÓN:

premer na imaxe >>

CONVOCATORIA ORDINARIA ABAU GALICIA DÍAS 7,8 e 9 de Xullo 2020

CONVOCATORIA ORDINARIA DAS PROBAS ABAU DE 2º BACHARELATO EN GALICIA, DÍAS 7,8 e 9 de XULLO 2020

 

COMUNICADO SEGUNDA AVALIACIÓN

COMUNICADO SEGUNDA AVALIACIÓN

Según acordos tomados na CONFERENCIA SECTORIAL DE EDUCACIÓN,  celebrada o día 25 de marzo de 2020 e que están publicados na páxina da Consellería:

  • Mantense o calendario escolar:
    1. As propostas de traballo suspenderanse respectando as vacacións de Semana Santa, dende o luns 6 ata o luns 13 de abril, ámbolos dous incluídos.
  • Avalíase o segundo trimestre
    1. As cualificacións estarán dispoñibles na aplicación AbalarMobil a partir do venres 3 de abril ás 13h00. 
    2. As familias que non dispoñan da aplicación poden darse de alta cos teléfonos dos responsables dados na matrícula. A información para descargar a aplicación é a que figura nesta páxina.
  • Modificaranse os contidos e competencias básicas previstos para o terceiro trimestre ( ESO e 1º de Bacharelato), a espera de novas instrucións da Consellería. 

Según as INSTRUCIÓNS SOBRE A AVALIACIÓN DO SEGUNDO TRIMESTRE recibidas pola Consellería:

  1. Avaliarase co traballo feito ata o 12 de marzo.
  2. Non se avalían as actividades realizadas despois do estado de alarma

As notas serán enviadas a todas as familias o venres 3 de abril só a través do Abalar Móbil a partir das 13h00.

Prégovos que difundades entre os vosos contactos a necesidade de descargar a aplicación Abalar Móbil coa que de momento nos estamos comunicando e é imprescindible neste caso.  Podedes acceder as instrucións e videotitoriais nesta ligazón:

Esperamos que todos esteades ben.

Un saúdo e saudiña! 

O Director

MEDIDAS EXTRAORDINARIAS CORONAVIRUS

MEDIDAS EXTRAORDINARIAS CORONAVIRUS

Tras a rolda de prensa do presidente da Xunta de Galicia pregamos as familias que non manden ao alumnado mañá ao centro. Non haberá actividade lectiva, exames nin actividades extraescolares. A partires do luns o instituto permanecerá  pechado. Esta situación durará 14 días

O IES O COUTO- SEGUNDO CENTRO DA CIDADE COAS MELLORES NOTAS NA SELECTIVIDADE

O IES O Couto figura entre os cinco centros da cidade coas mellores notas na selectividade. Este ano 2019 quedamos no segundo posto cunha media de 6,95. 

 

Parabéns a todo o noso alumnado e profesorado de 2º de Bacharelato.

XORNADA DE PORTAS ABERTAS NO IES O COUTO

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

O luns 30 de xaneiro 2017 a partir das 19 h 30

 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

O luns 29 de febreiro a partir das 19 h

PREMIO AO RENDEMENTO ACADÉMICO PARA DOUS ALUMNOS DO IES O COUTO

Parabéns aos alumnos Nazaret Vázquez e Miguel Franco que acadaron o PREMIO EXTRAORDINARIO ao rendemento académico na ESO.

O alumno Miguel Franco foi seleccionado porla Administración Educativa da Administración Galega para participar nos premios NACIONAIS da ESO na categoría do rendemento académico. Moita sorte Miguel!

miguel

Miguel Franco

nazaret

Nazaret Vázquez

 

 

 

NOVAS AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR

NOVO PROZAO PARA SOLICITAR AXUDAS PARA ADQUISICION DE MATERIAL ESCOLAR (50 euros)

No DOG do 10 de Novembro de 2015 publicouse a ORDE do 6 de novembro de 2015 pola que se convocan axudas para a adquisición de material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2015/2016.

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

Dende o 10 de novembro ata o 21 de novembro 2015

 

REQUISITOS:

  • Renta per cápita igual ou inferior a 5400 euros.
  • Non ter solicitado a axuda na anterior convocatoria (setembro), no caso de estar excluído na convocatoria anterior por unha causa emendable, poderáse volver solicitar a axuda.

 

LIGAZÓN PARA BAIXAR A SOLICITUDE:

Laura González Iglesias, antiga alumna do IES O COUTO, acada o Premio Extraordinario da Universidade de Vigo

laura

A antiga alumna do IES O COUTO Laura González Iglesias acadou o Premio Extraordinario de Fin de Carreira e Grao da Universidade de Vigo.

O día 29 de xaneiro farase entrega das distincións da Universidade ás persoas que acadaron os Premios nun acto celebrado no Salón de Actos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Vigo.

FELICES FESTAS!!!

Felices Festas de Nadal en nome do Equipo Directivo, Claustro de Profesores e demais persoal do Centro.

 PROGRAMA NADAL

19 de decembro de 2014

  •              10:00 h.- Entrega de cualificacións.
  • 10:00 a 11:30 h.- Atención do profesorado aos pais.
  • 11:30 a 13:00 h.- V Festival de Xoves Intérpretes no Salón de Actos.
  •              12:30 h.- Entrega de premios do Concurso Postais de Nadal e de Relatos de Terror.
  • 13:30 h.- Saída do transporte escolar.

 

Nota.- O comezo das clases será o día 8 de xaneiro de 2015 ás 8:30 h.

Distribuir contido


by Dr. Radut