Skip to Content

ARCO

PARTICIPACIÓN NA ACCIÓN ARCO

CURSO 2021-2022

Novamente o noso Centro foi seleccionado conforme ao disposto no apartado trece da Resolución do 14 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases para a convocatoria de Contratos- programa Recupéra-T

Resolución do 14 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se establecen as bases para a convocatoria de Contratos-programa Recupéra-T no marco do Plan Recupera, dirixido a centros docentes públicos de educación primaria e secundaria dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade para o curso 2021/22.

Segundo a publicación da Listaxe definitiva de Centros seleccionados no curso 2021-22 para o programa ARCO, beneficiarémonos da posta en marcha de accións de Apoio, Reforzo de Competencias e Orientación (ARCO) durante o presente curso 2021/22, dirixidas a centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade de Galicia, coa cofinanciación do Fondo Social Europeo.

 

 

CURSO 2020-2021

 

O noso Centro foi seleccionado conforme ao disposto no apartado noveno da Resolución do 30 de xullo de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, polo que se beneficiará da posta en marcha de accións de Apoio, Reforzo de Competencias e Orientación (ARCO) durante o curso 2020/21, dirixidas a centros públicos de educación primaria e secundaria dependentes da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, en réxime de concorrencia competitiva, cofinanciado polo Fondo Social Europeo.

Para acceder á Resolución e listaxe de centros admitidos. prema aquí.

Distribuir contido


by Dr. Radut