Skip to Content

Visita a FP Innova 2023 e ao Museo de Galicia en Compostela.

O pasado venres 24 de marzo, o alumnado de 4º ESO foi á Cidade da Cultura de Santiago de Compostela. 

Na primeira parte da saída, acudiron á actividade FP Innova 2023 onde puideron visitar postos nos que se amosaban proxectos de carácter pioneiro de diferentes ciclos formativos. Tamén tiveron a posibilidade de participar nalgúns obradoiros vinculados ao mundo profesional e ás distintas saídas laborais de ditos ciclos. 

Na segunda parte da saída, visitaron o Museo de Galicia que actualmente acolle a exposición "Camiños Creativos" e que conta con relevantes pezas artísticas procedentes de máis de trinta museos de todo o mundo. Neste caso o obxectivo foi promover a relación do alumnado coa arte contemporánea a través da interacción coa propia obra.



page | by Dr. Radut