Saltar navegación.
Inicio
Abride escolas e se pecharán cárceres

Colaboración co collège et lycée Ferdinand Fabre

O grupo de 4º de ESO de francés do IES Concepción Arenal iniciou unha colaboración cun centro educativo (collège et lycée Ferdinand Fabre) de Bédarieux, localidade do sur de Francia. O departamento de francés logrou contactar, a través da plataforma Etwinning, coa profesora de lingua española, Marie Cordero que da clases a un grupo de estudantes de español do mesmo nivel educativo. As profesoras dos dous grupos van desenvolver durante este curso 2017-18 un proxecto baseado en traballos comúns e correspondencia por e-mail.

Etwinning ofrece aos profesores (previa inscripción) unha plataforma dos centros escolares europeos participantes, que permite ao alumnado poder comunicarse, colaborar e desenvolver proxectos e así ser participantes activos na lingua estranxeira que estudan. Esperamos que o noso grupo de 4ºESO poida poñer en práctica os coñecementos académicos adquiridos, coñecer a alumnos/as franceses homólogos e compartir experiencias.

Así mesmo estamos a buscar outro centro colaborador francés para o noso grupo de 2º de bacharelato. Esperamos poder empezar pronto unha colaboración similar.