Saltar navegación.
Inicio
Abride escolas e se pecharán cárceres

Curso 17-18

Actividades do curso 2017-18

IRIA SANJUÁN CASANOVA, PREMIO EXTRAORDINARIO DE BACHARELATO.

Iria Sanjuan Casanova, alumna do IES Concepción Arenal, que rematou brillantemente os seus estudos de bacharelato no pasado ano académico, acaba de obter un dos vinte premios extraordinarios de bacharelato concedidos pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, correspondentes ao curso 2017-18. PARABÉNS.

GRADUACIÓN 2º BACHARELATO

Parabens a todos os alumn@s que o pasado 18 de maio remataron 2º de bacharelato, moi especialmente aos merecedores das once matrículas de honor!!

Enlace ás fotos de grupo

Enlace ás fotos da entrega de diplomas

Moitas gracias a Elena Yáñez pola organización do acto, a Rafael Vázquez polas fotos, aos titores, aos alumnos que prepararon os discursos, a Jaime por ocuparse do equipo de son, e a todos aqueles que colaboraron dun ou outro xeito para que a graduación fose posible.

Visita á Escola Antonio Escaño

Os alumnos de 1º de bacharelato de Tecnoloxía Industrial o xoves 24 de maio visitaron ás instalacións técnicas da Escola Antonio Escaño en Caranza. 

 

Viaxe a Londres: Fin Etapa 4º ESO

O alumnado de cuarto de ESO está en Londres disfrutando da viaxe de fin de etapa. A foto foi tomada á entrada do Museo Británico.

 

 

Xornada "A Educación a debate"

O próximo xoves 3  de maio terá lugar, no salón de actos do CFR de Ferrol en horario comprendido entre as 17 h e as 19 h,  unha nova xornada de  "A educación a debate" que versará sobre a Educación Emocional .

 

POÑENTES DA XORNADA:

 

  • Carmen Loureiro López. Especialista en Ed. Emocional.
  • Lucía Carracedo Fraga . Mestra do CEIP Plurilingue Virxe do Mar.
  • Patricia Rodríguez Juste. Representante da ANPA Galatea.
  • Sara Paz López. Alumna de 5º de Primaria ( titora de TEI )
  • Ylenia López Ramos. Alumna de 6º de Primaria. Participa no programa Promoción da Convivencia e o Desenvolvemento persoal no alumnado.

Dirixido a todas  as familias.

Certame Carmela Loureiro

Os alumnos Andrés Vilaboy Naveiras, Luis Prego Areal e Iria Ramos Mesía resultaron galardonados no cuarto certame Carmela Loureiro, á entrega de premios asistiu o alcalde de Ferrol, Jorge Suárez. Noraboa aos tres!!

Diario de Ferrol

Colaboración EOI Ferrol e IES Concepción Arenal

Marco Delle Monache, profesor de italiano da Escola Oficial de Idiomas, presentou esta semana o canto V da Divina Comedia na nosa  Biblioteca, nun acto conxunto dirixido a alumnos da EOI  e do noso centro. A actividade foi organizada por Ana Vizoso, profesora do departamento de Latin, que imparte tamén a materia de Italiano. Grazas a ambos pola vosa dedicación!

 

Semana da Ciencia e Programa de Prevención de Consumo de Drogas (Di K NON)

A semana do 9 ao 13 de abril celebramos no Instituto a Semana da Ciencia, organizada polo departamento de Física e na que colaboraron tamén os alumn@s e profesores dos ciclos formativos de Química. Gracias a todos!!

Tamén rematou, coa visita do alumnado de 4º curso da ESO á cárcel de Teixeiro, o programa de prevención de consumo de sustancias tóxicas que ofrecen a Unidade Terapéutica Educativa (UTE) de Teixeiro e a Fundación Barrié. Este programa consta de dúas partes, a primeira se realizou no salón de actos do instituto, coa presencia de varios internos de Teixeiro, e a segunda parte na propia prisión, así o alumnado aprende cómo delinquir é unha consecuencia habitual do consumo deste tipo de sustancias, xa que te atrapan nunha espiral económica que non se pode manter, o que leva a cometer actos delictivos.

O noso máis sincero agradecemento ao persoal implicado no desenvolvemento do programa.

Recollida de mostras de auga para analizar

Saída realizada para toma de mostra e análise de auga doce e salgada dos alumnos de Ciclo Medio e Ciclo Superior.

Participación nas IX Olimpiadas Galegas de Economía

Hoxe nos representan en Santiago os alumnos Andrés Gómez Armesto, Duarte Nuñez López e Andrés Soto Jaramillo, acompañados da profesora Cruz López Ardao. Compiten con outros 62 alumnos de toda Galicia. Moita sorte!!

Bacharelato de Artes

Os alumnos e alumnas que cursan o bacharelato de Artes estiveron onte na Coruña coñecendo a Escola Pablo Picasso e a escola de Imaxe e Son, aproveitaron tamén para visitar museos. A visita foi organizada polo departamento de Artes Plásticas.

 

Diego Calatayud no IES Concepción Arenal

O rapeiro Didaco (Diego Calatayud) ilustrounos con unha clase de cómo é posible educar en valores a través do rap, relacionandoo neste caso coa competencia social e cívica. Animou ao alumnado de 1º e 2º da ESO  a romper cos estereotipos de xénero e co acoso escolar, mellorar o comportamento e aceptar a diversidade. Varios alumnos tiveron a oportunidade de poñer en práctica o aprendido e subiron ao escenario a rapear.

Gracias Diego!!

 

Actividades Fin de Trimestre

Para rematar este segundo trimestre organizaronse, entre outras, as seguintes actividades:

1. "Anticoncepción e prevención de I.T.S" para o alumnado de 3º de ESO
2. "O diseño de novos alimentos, desde a idea ao prototipo", enmarcada dentro do programa "A Ponte" para 2º de bach
3. "Árbores en tubos de ensaio" enmarcada dentro do programa "A Ponte", para 1º Bach de ciencias.
4. Visita a Reganosa para o grupo de 2º Bach A
5. Representación teatral do grupo de Artes Escénicas de 4º de ESO, dirixida a todo 1º de bach

Millenials namorados do cine gracias ao móbil e ao profesor Manuel González

Neste artigo da "Voz de Galicia" podedes leer a noticia completa

e neste enlace podedes acceder ao blogue Inquedarte, onde os alumnos publican os seus traballos de Cultura Audiovisual II.

Visita ás aulas de simulación do CHUF

Alumnado de primeiro de bacharelato visitan as aulas de simulación do CHUF

 

As aulas de Simulación da Xerencia Integrada de Ferrol, están emprazadas no cuarto andar do Hospital Naval do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol. En ditas aulas o noso alumnado aprenderon as primeiras nocións de sutura, experimentaron cos distintos dispositivos cos que se forman os profesionais sanitarios e achegáronse ás nocións básicas de Soporte Vital Básico. Esta visita está organizada polo departamento de Bioloxía.

  

Xornadas de Orientación no Auditorio de Caranza

O martes 27 de febreiro os alumn@s de ciclos formativos e de bacharelato de Artes participaron, amosando o seu traballo, nas xornadas de Orientación Educativa 2018.

Viaxe cultural a Madrid

Os alumn@s de bacharelato de Artes, acompañados dos profesores deste departamento, estarán en Madrid entre o venres 23 e o luns 26 para visitar diferentes museos e exposicións, entre elas ARCO, a feria internacional de arte contemporáneo.

ARCO 18

En construción.....

O club STEM na First Lego League 2018

Hoxe, 17 de febreiro, participando na FLL  2018, cun proxecto para reciclar as augas residuais que se producen nos laboratorios e aulas de arte do instituto:

 

Visita aos campus de Esteiro e Serantes

Esta mañá os alumnos de Tecnoloxía Industrial, acompañados dos seus profesores, visitaron as instalacións do campus da cidade para coñecer a oferta das diferentes enxeñerías. Estiveron nos laboratorios de mecánica e robótica de Esteiro e nos de automoción e electricidade de Serantes, entre outros. Así como tamén en Exponav. Moi agradecidos á Universidade pola atención e as facilidades ofrecidas para a realización da visita.

Entroido 2018

Gracias a tod@s pola vosa colaboración na organización do festival de Entroido:

  • Aos presentadores: Santi Díaz (2º E), Mariana López (4ºA), Denise Alfonso (4º C) e Lucas (1º CM)
  • Ao Xurado: Nuria Pereira (4º C), María Hermida (4ºC), Nerea Sedes (4º C), Aitana Naveiras (4º A) e o profe Iago Pastor
  • Aos Técnicos de son: os alumnos de ciclo medio Diego e Enrique
  • Aos participantes no concurso de comparsas e de disfraz individual. Parabens aos gañadores!!
  • Participantes na comparsa de profes e personal non docente
  • A todo o profesorado e especialmente, a vice Elena Yáñez

Aquí vos deixo algunhas fotos:

Alumn@s de italiano de viaxe a Roma

IX Olimpíada de xeoloxía

Representantes do instituto na olimpíada de xeoloxía deste curso 2018 en Santiago, coa profesora Dolores Vizoso:

 

 

 

Actividades Fin de Trimestre

 semana do 18 ao 21 de decembro organizáronse diferentes actividades para poñer fin ao 1º trimestre de curso, algunhas delas foron:

  • Obradoiro de Trasplantes: Alejandro Montero, o ponente, é enfermero coordinador da oficina de trasplantes do CHUAC, este obradoiro estivo destinado ao alumnado de ciencias que cursa a materia de bioloxía.
  • Obradoiro de Habilidades Sociais para o alumnado de 1º de ESO, organizado polos departamentos de Orientación e Vicedirección.
  • Obradoiros de Rochas e saída á praia de Ponzos, organizados polo departamento de Bioloxía.
  • Concurso de postres, na Biblioteca Saturnino Hermida, organizado pola equipa de dinamización da biblioteca e coa colaboración dos departamentos de linguas extranxeiras.

                              

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

   

                

Galiciencia 2017

Unha vez rematado o prazo de presentación de proxectos para a actual edición da Galiciencia, a maior feria científica de Galicia protagonizada por escolares, o IES Concepción Arenal contará con dous stands para amosar os proxectos seleccionados.

Nun deles, os estudantes Juan Vigo e Andrés Aguado explicarán o seu traballo de creación dun sensor electrónico para demostrar a teoría de arrefriamento de Newton, mentres que os seus compañeiros de instituto Denise Feal, Diego Pérez e Arzu Domínguez amosarán aos visitantes un sensor electrónico de escuridade que acciona as luces do coche automaticamente cando se fai de noite para evitar colisións e outros accidentes.

En ambos casos, son alumnos que participan no club STEM que comenzou a funcionar o curso pasado e do que Carmen Río é a docente responsable.

Enlace á noticia no Diario de Ferrol

Enlace á noticia en Radio Voz

TEATRO CON RICARDO FRAZER

Os alumnos de 1º de Bacharelato asistiron ao teatro Jofre para ver a maxistral representación de Ricardo Frazer coa súa obra Tempestades, organizado pola Concellería de Cultura de Ferrol e o Departamento de Lingua castelá e Literatura.

 

 

O grupo de teatro do instituto na final do certame Xuventude Crea

 O grupo do IES Concepción Arenal é unha das seis formacións finalistas desta convocatoria da Consellería de Política Social, que terá lugar do 15 ao 17 deste mes en Serra de Outes.
Os ferroláns serán os primeiros en actuar ante o xurado encargado de resolver o fallo final. Farano o día 15, ás 17.00 horas. A partir dese intre poñerán en escena a peza “Os facedores de bonecas”, unha obra escrita pola profesora Belén Roca, coodinadora do obradoiro teatral no instituto.

Noticia no diario de Ferrol      

Voz de Galicia

 

Conferencia: "Profesións tecnolóxicas dende unha perspectiva de xénero”

Os alumnos e alumnas de 4º de ESO asistiron o xoves 19 de outubro a esta conferencia, impartida por  Fernando Suárez (Colexio Profesional de Enxeñería e Informática de Galicia) e organizada polo departamento de Orientación, coa colaboración do equipo de dinamización da biblioteca e vicedirección.

Colaboración co collège et lycée Ferdinand Fabre

O grupo de 4º de ESO de francés do IES Concepción Arenal iniciou unha colaboración cun centro educativo (collège et lycée Ferdinand Fabre) de Bédarieux, localidade do sur de Francia. O departamento de francés logrou contactar, a través da plataforma Etwinning, coa profesora de lingua española, Marie Cordero que da clases a un grupo de estudantes de español do mesmo nivel educativo. As profesoras dos dous grupos van desenvolver durante este curso 2017-18 un proxecto baseado en traballos comúns e correspondencia por e-mail.

Etwinning ofrece aos profesores (previa inscripción) unha plataforma dos centros escolares europeos participantes, que permite ao alumnado poder comunicarse, colaborar e desenvolver proxectos e así ser participantes activos na lingua estranxeira que estudan. Esperamos que o noso grupo de 4ºESO poida poñer en práctica os coñecementos académicos adquiridos, coñecer a alumnos/as franceses homólogos e compartir experiencias.

Así mesmo estamos a buscar outro centro colaborador francés para o noso grupo de 2º de bacharelato. Esperamos poder empezar pronto unha colaboración similar.

 

Distribuir contido