Nomativa reguladora:
DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).
Páxina web de admisión de alumnado da ESO
Proceso de RESERVA de praza:
Só o alumnado de 6º de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe A Fraga que desexe continuar estudos de 1º ESO no IES Castro da Uz o vindeiro curso académico 2023-2024.
Só alumnado de 4º de ESO do IES Castro da Uz que desexe continuar estudos de Bacharelato no IES Moncho Valcarce no vindeiro curso 2023-2024.
Prazo: do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro de 2023
Publicación do alumnado admitido: 22 de febreiro
Unha vez rematado o prazo para realizar a reserva de praza, TODO o alumnado do CEIP Plurilingüe A Fraga que presentou a solicitude de reserva de praza para cursar 1º da ESO no curso académico 2023-2024 no IES Plurilingüe Castro da Uz foi admitido e obtivo praza.
Postos escolares vacantes a 1 de marzo:
1º ESO: 11
2º ESO: 1
3º ESO: 0
4º ESO: 0
Proceso de ADMISIÓN:
Para todo o alumnado que desexe cursar algún curso da ESO no vindeiro 2023-2024, agás o alumnado que xa está agora matriculado no centro e o alumnado do centro adscrito que xa fixo a reserva de praza (CEIP Plurilingüe A Fraga).
Prazo: do 1 ao 20 de marzo (Máis información aquí)
Nota informativa
Criterio complementario de baremación
Prazo para presentación da documentación acreditativa dos criterios do baremo: ata as 14:00 horas do 31 de marzo
Publicación da listaxe provisional de alumnado admitido e non admitido: 25 de abril de 2023
Publicación da listaxe definitiva de alumnado admitido e non admitido: 15 de maio de 2023
Matrícula para o alumnado admitido:
Período de matrícula: do 23 de xuño ao 7 de xullo de 2023