No departamento de Automoción impartimos o Ciclo Básico de Mantemento de Vehículos (FP Básica).
Que se aprende a facer?
Realizar operacións básicas de mantemento electromecánico e carrozaría de vehículos, desmontando e montando elementos mecánicos, eléctricos e amovibles do vehículo, e executando operacións básicas de preparación de superficies, operando coa calidade indicada, cumprindo as normas de prevención de riscos laborais e protección ambiental correspondentes, e comunicándose oralmente e por escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira.
En que ámbitos se traballa?
No sector do mantemento de vehículos, nomeadamente en talleres de reparación e concesionarios de vehículos privados, industriais, agrícolas e de obras públicas.
Que ocupacións se desempeñan?
Axudante na área de carrozaría; auxiliar de almacén de recambios; operario/a en empresas de substitución de cristais; axudante na área de electromecánica; operario/a de taller de mecánica rápida.
As nosas instalacións:
Se queres ver a organización dos módulos e o que se cursa neste ciclo podes pinchar neste enlace.
Podes acceder ás programacións didácticas do curso 2023-2024 no seguinte ENLACE