Skip to Content

Actividades Extraescolares Primeiro Trimestre 2019-2020

 

 20/12/2019 FESTA DE NADAL 

O último día antes das vacacións, celebramos no noso centro unha pequena festa na que realizáronse as seguintes actividades:

Entrega de premios dos concursos de fotografía e postais de Nadal.

Obradoiros simultáneos de Robótica e Arduino, Reciclaxe de papel, e Xogos matemáticos, cooperativos e de lóxica.

O tradicional chocolate con churros a cargo do ANPA Ronsel.

E para rematar dous alumnos de 1º de ESO dinamizaron a mañá con cancións actuais animando a bailar a pequenos e maiores.

Aquí deixámosvos unha mostra  deste divertidísimo día.

 

 

  

18/12/2019 XOGOS/OBRADOIROS: "QUE QUERE SER MILLONARIO"

A Organización de Cooperación Solidaridade Internacional de Galicia, en colaboración có Concello das Pontes e financiado pola Deputación da Coruña fixo no noso centro para todos os cursos da ESO a seguinte proposta educativa:

"Feminismo en Nicaragua hoxe; a defensa dos dereitos humanos". 

A través dun divertido xogo pretendían que o alumnado da ESO descubrese o lado oposto, a contrapartida da realidade que se vive todos os día no noso mundo. Pretendían que empatizasen coas situacións reais que ses dan nalgunhas partes do mundo  como Nicaragua, que son a consecuencia dos actos doutras persoa que viven a miles de Km de distancia.

A traves do xogo traballaron conceptos como as desigualdades, as migracións, a defensa dos dereitos humanos, a equidades de xénero, o consumo responsable, o respecto ao medio ambiente......

                                         

 

17/12/2019 CHARLA USC: "CRIPTOGRAMAS, DESCIFRANDO MENSAXES"

As ponentes Beatríz Álvarez Díaz, Laura Davila Pena e Erika Diz Pita, trataron de achegar aos alumnos os sistemas de cifrado máis relevantes ao longo da historia, así como tamén algúns métodos de criptoanálise, que buscan romper a seguridade dos devanditos sistemas.

O obxectivo desta sesión foi que os mozo/as xogasen o papel de criptoanalistas e descifrasen coa axuda de programas informáticos mensaxes codificados.

 

15/12/2019 CONCURSO POSTAIS DE NADAL

Xa temos veredicto do tradicional concurso de postais de Nadal no instituto. O xurado, formado por dous profesores acordou os seguintes premios:

 

 

 

 

 

 

Primeiro premio: Celia Alvariño - 2º ESO
 
 
Segundo Premio: Paula Dorribo - 4º ESO
 
 
 
Terceiro Premio: Carmela Saborido - 4º ESO
 
 
Premio especial á postal en idioma- Inglés: Dariia Vankholska 1º ESO
 
 
Premio especial á postal en idioma- Francés: Laura Vispalia 1º ESO
 

 

9/12/2019 XORNADAS DE INTRODUCCIÓN AO RUGBY

 Este día, estiveron con nos Carla da Silva, adestradora do Club de Rugby Fendetestas e Elsa Porto, xogadora  do CRAT A Coruña da Liga Iberdrola de rugby e internacional coa selección española.

Levaron a cabo unhas sesións de introdución ao rugby dentro do programa “Xogando ao Rugby” empregando como ferramenta “Get into Rugby”.

“Get into Rugby” é un programa a nivel mundial orientado a nenos, nenas e adolescentes co obxectivo de introducir o rugby nos centros educativos para que proben, xoguen e intenten conectar con este deporte.

 Foi un privilexio contar con Carla e Elsa,  e descubrir un pouquiño mellor os segredos que encerra este fermoso deporte.

 

 

5/12/2019 TALLER ELABORACIÓN XABÓN ECOLÓXICO 

Neste día o profesorado e alumnado do CPI Plurilingüe de Navia de Suarna visitounos para impartir á clase de 4º de ESO, un taller de elaboración de xabón ecolóxico a partir de aceite reciclado.

Esta actividade que foi organizada polo equipo de Dinamización Lingüística e Biblioteca, e o Departamento de Física e Química, está enmarcada dentro do Plan Proxecta Aliméntate ben, que estamos a desenvolver dende hai varios anos.

Aquí vos deixamos unha mostra do proceso e resultado que acadou o éxito esperado!!!

 

 

 30/11/2019 CONCURSO DE FOTOGRAFÍA CASTRO DA UZ 2020

Desde o 15 de novembro ao 30 de novembro podes presentar as túas fotografías a este concurso. As mellores serán seleccionadas para o calendario de 2020 que publicará o instituto e levarán premios ainda por concretar.

Anímate, podes presentar dúas fotografias!! 

A temática das fotografías será: "IGUALDADE". Poden ser fotos reais ou montaxes, en cor ou branco e negro, preferiblemente en formato apaisado, e valorarase a orixinalidade e a promoción da igualdade. Podes ver máis abaixo os requisitos das fotografías a presentar.

O concurso está aberto a alumnos e alumnas, profesores e PND.

      

mais información pinchando aquí

VEREDICTO DO XURADO

Os xurados (un composto por dúas profesoras e dous profesores para elixir as mellores fotos de alumnos/as e outro formado por dous alumnos/as para elixir as mellores fotos de profesores/PND) acordaron o seguinte:

1º Posto - Fotos de Alumnos/as: Victor M. Pellón  3º ESO - Equality

 

2º Posto- Fotos de Alumnos/as: María Permuy  2º ESO – Sempre un

 

3º Posto- Fotos de Alumnos/as: Clase 1º ESO  - A balanza da Igualdade.

 

 1º posto - Fotos de Profesores/PND: Ana Belén Veloso Rodríguez- A vaca arepartir

 

2º posto - Fotos de Profesores/PND: M. José Naveira Bouza - Xogando entre iguais

29/11/2019 VISITA DOS CEIP MANUEL FRAGA IRIBARNE DE CARIÑO E A BARQUEIRA DE CERDIDO. PROGRAMA ATRÉVETE

Un ano máis, e xa van catro, o IES Plurilingüe Castro da Uz participa no programa Atrévete. Este programa que se desenvolve no marco do Plan eduemprende vai dirixidoa fomentar, motivar e sensibilizar ao alumnado no espírito emprendedor.

O pasado venres 29 de novembro recibimos ao alumnado dos colexios: CEIP da Barqueira (Cerdido) e CEIP Manuel Fraga Iribarne (Cariño)

Agadecemos a acolaboración da Asociación de empresarios SEARA nesta actividade.

 

28/11/2019 IX MARATÓN DE CINE

IX MARATÓN DE CINE.  “ARGALLEIROS E ARGALLEIRAS DAS LETRAS”

O xoves 28 de novembro, os argalleiros e argalleiras das letras participaron na IX edición do Maratón de Cine no que proxectáronse entre outras,  películas como El heróe de Berlín, Figuras Ocultas, Divergentes, Ex-Machina.....

De novo, tivemos o pracer de contar cunha representación do alumnado do club de lectura  “Lecturas e andanzas” do IES Muralla Romana de Lugo que compartiron con nos os comentarios que achegaban as películas elixidas.

 

28/11/2019 VISITA A ENDESA

2º ESO e 1º FP Básica

27/11/2019 CONCURSO ROBÓTICA

O noso alumnado de 1º de ESO acompañados polo profesorado do Departamento de Matemáticas asistiu a un taller-concurso de programación e ROBÓTICA no IES Ramón Menéndez Pidal (Zalaeta) da Coruña.

O obxectivo foi aprender de modo lúdico e en duas horas os conceptos básicos e rudimentos da programación de robótica para despois resolver unha pequena colección de problemas do concurso.

Ofréceselle ao alumnado a oportunidade de desenvolver a creatividade, o pensamento algorítmico e a habilidade para solucionar problemas.

 

 

 

25/11/2019 DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Un ano máis volvemos a manifestar incondicionalmente o noso apoio ao “Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller”.

Para a conmemoración deste día o noso alumnado participou en diferentes actividades:

- Elaboración dun lazo humano no pavillón polideportivo.

- Lectura polo alumno de 3º de ESO Victor M. Pellón, dun poema do autor Carlos Negro.

- Concurso de cancións coa letra modificada para adaptala á temática do día. Agradecemos a colaboración e implicación do Anpa Ronsel que agasallou as mellores.

 

 

 

 

22/11/2019 XORNADA DE EMPRENDEMENTO

Noso alumnado de 1º de ESO participou nunha produtiva xornada do Programa Atrévete de fomento do emprendemento.

En primeiro lugar tiveron unha charla na sede da Asociación de Empresarios SEARA impartida por Carolina García, xerente da asociación empresarial. Nela os nenos e nenas coñeceron un pouco mellor o sector empresarial que lles rodea, e algúns aspectos do que son unha empresa ou unha incubadora de empresas.

Despois visitaron a empresa EINSA onde puideron percorrer moitos dos seus espazos.

Pasárono moi ben!!!

 

                      

 

21/11/2019 VISITA Á EMPRESA REGANOSA

O noso alumnado de 3º de ESO e 2º FP Básica tivo o privilexio de visitar as instalacións da empresa REGANOSA en Mugardos.

De maneira amena e divertida puideron coñecer unha empresa adicada ao transporte e regasificación de gas natural que basa o seu traballo nos criterios de seguridade e respecto ao medio ambiente.

Reganosa foi autorizada e designada polo Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo como xestor da rede de transporte (TSO), tras un proceso de certificación aprobado pola Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia  e a Comisión Europea.

 

 

18/11/2019 CHARLAS DO PLAN DIRECTOR

 O alumnado de 1º ESO  asistiu a unha charla sobre acoso escolar e o de 1º FP BÁSICA sobre violencia de xénero xestionados polo Plan Director.

11/11/2019 OBRA DE TEATRO NO CINE ALOVI

Todo o alumnado de ESO e FP Básica asistiu no cine Alovi das Pontes  á obra de teatro “ELISA E MARCELA”. Foi representada pola compañía  A Panadaría, e conta a historia real do primeiro matrimonio entre dúas mulleres.

Esta actividade, está enmarcada dentro do programa da promoción da Igualdade entre nenos e nenas que xestiona ABRENTE e  Anpa RONSEL en colaboración coa Xunta de Galiza.

 

6/11/2019 XORNADAS DO MOTOR

Esta semana o noso alumnado e profesorado do Ciclo Medio de Electromécanica e Vehículos Automóbiles participou nas Xornadas do motor que Repsol organizou entre o 6 e 9 de novembro en Arteixo.

Estas xornadas incluíron múltiples actividades, entre as que destacamos unhas sesións formativas de carrocería, electromecánica, automoción e mantemento de vehículos. O obxectivo principal foi proporcionar formación e experiencias de profesionais en distintos ámbitos de actualidade e interese relacionados có sector, como son a mobilidade, a competición, a transición enerxética e o medio ambiente.

 

4/11/2019 CONTACONTOS EN FRANCÉS

Neste día estivo con nos o profesor camerunés de linguas e conta contos Samuel Mountoumnjou.

A través das súas historias o alumnado de 1º, 2º e 4º de ESO puido gozar e reflexionar sobre conceptos tan básicos como a amizade, o aprender a compartir, o valor do agradecemento e a verdade.

O elefante, o cocodrilo, o puercoespín, o asno, o a lebre, representados por nosos alumnos, protagonistas dos contos, serviron como medio para aprender que o francés e unha lingua accesible a todos, e que con ela pódense traballar aspectos moi necesarios na nosa sociedade.

 

 

30/10/2019 FESTA MAGOSTO E SAMAÍN

Neste día, celebramos a festa do magosto e Samaín. Os alumnos de  ESO e FP Básica participaron nos diferentes concursos convocados: relatos curtos de terror, cabazas decoradas e orixinais cestiñas con produtos de outono. Houbo diferentes premios para os mellorO Anpa Ronsel que agasallou coas tradicionais castañas, bolos preñados e bebidas a toda a comunidade educativa.

Nos RELATOS DE TERROR, os gañadores foron:

 Primeiro ciclo

- 1º Premio:Bruno Picos Carballeira: "A noite da miña morte"

- 2º Premio:Sara López Pena: "Alento frío"                                                                 

- 3º Premio:Sabela Fernández: "O Cemiterio Enmeigado"                                                                                             

 Segundo Ciclo

- 1º Premio:Victor M. Pellón: " Efímero coma a neve"

- 2º Premio:Eloy Galdo:"A Tumba da Bolboreta"

- 3º Premio:Alba Romero:"O Cemiterio que máis pena gardaba"                                                                                                                                                                                                               

FP Básica

-1º Premio:Bruna Costa: "Morta"                                            

-2º Premio:Ainhoa Bouza: "Camiño cara a nada"

-3º Premio:Elso Pereira: "A bolboreta pantasma"

                                                                                                                                                                                                                                                       

No concurso de CABAZAS os premiados foron os seguintes:

                                                           

Primeiro Premio: 

-Noa Giz e Aroa Domínguez de 1º de ESO coa cabaza "KATRINA"

      

Segundo Premio:

-Paula Galdo de 2º de ESO coa cabaza "PALILLOS"

 

Terceiro Premio

-Celia Alvariño e María Permuy  de 2º de ESO coa cabaza "CENICIENTA" 

 No concurso de CESTIÑAS os premiados foron os seguintes:

Primeiro Premio: 

-Noa Ferreiro, Dariia Vankholsaka,Nerea Saavedra e Laura Vispalia  de 1º de ESO coa cestiña: "GLOBO"

 

Segundo Premio:

-Celia Alvariño, Paula Galdo, Sara López e Paula Vilasuso de 2º de ESO coa cestiña. "DESPENSA DE OUTONO"

 

Terceiro Premio:

-Aroa Domínguez, Noa Giz, Lara Rodríguez e Noa Purriños de 1º de ESO coa cestiña: "CESTA"

 

29/10/2019 ANDAINA POLO RÍO CUBERTO

Noso alumnado de 1º de ESO realizou un divertido roteiro polo Río Belelle entre os lugares de Cabalar e Formariz que incluíu tamén a visita ao lugar de río Cuberto no concello da Capela.

Foi organizado polo deparatamento de francés e acompañaron na actividade Patricia Valdivieso e Francisco Javier González.

Pasárono moi ben e queren repetir a experiencia!!!

         

 

25/10/2019  CHARLA DE FEUGA

O alumnado de FP Básica e Ciclos formativos asististíu a unha interesante e motivadora charla da Fundación Empresa Universidade Galega (FEUGA) sobre becas, programas formativos e técnicas de búsqueda de emprego.

                             

 

25/10/2019 CARREIRA CONTRA A LEUCEMIA INFANTIL

Todo a comunidade educativa do noso centro participou nunha marcha solidaria contra a leucemia infantil na "V Edición da Volta ao Cole". Todo o recadado foi destinado a “Fundación uno entre cen mil” para a axuda da investigación desta enfermidade. Foi todo un éxito de participación e achegamos noso granito de area!!!

Sensibilizados, concienciados e solidarios contra la leucemia infantil.

                                  

                                                            

 

 

                                                                                       



page | by Dr. Radut