Skip to Content

Actividades Extraescolares Primeiro Trimestre 2016-2017

21/12/2016 Festa de Nadal

Este ano a festa de Nadal foi unha yincana. Velai un video da actividade:

13/12/2016 Concurso de Postais de Nadal

 As postais gañadoras son as seguintes: 

1º premio: Andrea Montero - 4ºESO

 

2º premio: Carmela Saborido  - 1ºESO

 

 

 

 

3º premio: Cristina Souto - 3ºESO

 

 

30/11/2016 Pleno infantil Municipal

 Lectura do manifesto no pleno municipal do Concello das Pontes, onde reclamaron os dereitos da infancia dos refuxiados.

28/11/2016 Retrincos de Castelao

Dentro do programa DAC Outono da Diputación da Coruña, os alumnos de 3º e 4º asistiron a abra "Retrincos de Castelao".

Estreado en Pobra de Brollón (Lugo) o pasado 10 de setembro, Retrincos de Castelao, escrita e dirixida por Diego Rey e protagonizada por Isabel Risco e Fran Rei, pon en escena cinco historias e 12 viñetas dos libros Cousas, Retrincos e Cousas da Vida, e aborda a figura do xenial Castelao desde catro puntos de vista: o escritor, o humorista, o debuxante e o político.

 

 DAC Outono é un programa ideado para os meses de novembro e decembro que busca ser unha “primavera” para a nosa cultura.

Distintos espectáculos de primeira liña dirixidos a todos os públicos traerán aos nosos días as figuras das Irmandades da Fala (Centenario), Manuel María (Día das Letras Galegas) e Castelao (Ano Castelao Artista), protagonistas das efemérides culturais deste ano.
Con especial agarimo polos novos públicos para a cultura galega, DAC Outono Cultural achegarase aos centros de ensino e á rúa cunha aposta específica de calidade para que as crianzas gocen das nosas artes escénicas e participen do seu xogo.
Para todas as idades, os espazos culturais das cabeceiras de comarca abriranse para ofreceren singulares espectáculos que dan medida do extraordinario momento da cultura galega. E fala tamén, da nosa historia, con gabanza, porque nunca o pasado foi tan moderno."
 

25/11/2016 Día Internacional contra a violencia de xénero

Cristina Souto - 3ºESO

 

FALLO DOS MICRORRELATOS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO:

 

Compoñentes do xurado:

Elena Hernández GRUPO DE BIBLIOTECA
Flora Formoso DEPARTAMENTO DE LINGUAS
Monserrat Penedo EDLG
Marta Crespo DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

 

PREMIOS:

1º PREMIO

27.- Nacer, crecer, aprender. Aprender a amar, a convivir, a respectar. Crecer fisicamente e mentalmente. Ana creceu. Quixo aprender, quixo saber. Non se poden contar as veces que Ana CALOU. Xoán chegou á súa vida e con el aquel inferno, mal chamado amor. Ana calou, volveu calar. E o silencio levou a súa vida.     ICÍA BASANTA, 3ºESO

2ºPREMIO

 

22.- Ela tan cega de amor. El tan agresivo. Unha bela historia de amor que se esgotaba cada vez máis. Unha historia rematada cun final silencioso e predicible. El non era de amar, senón de ter. As meixelas da muller cada día se enchían de lágrimas. Cando a cegueira curou e ela quixo falar, era tarde. SHEILA SAAVEDRA , 3ºESO

 

3º PREMIO

14.- Pecho os ollos e aí está. Esa voz que non para de preguntar onde estou?, que fago?, con quen vou?, con quen falo? Esa voz que non me para de perseguir. A que me fai crer que son inferior. A que me fai cuestionar se iso é amor. O amor que me prometera nun principio. Quixen deixalo. Pegoume. Funme. UXÍA. BOUZA, 3ºESO

 

MENCIÓN ESPECIAL

2.- Eran días escuros, cada día que pasaba aumentaban as agresións, os insultos, as humillacións… Antes, os negróns aínda era posible tapalos, pero agora xa non. Son feridas cada vez máis graves, que pouco a pouco vanme deixando sen forzas ata o punto que eu mesma decidín rematar con iso. SERGIO SARDIÑA, 1ºFPBÁSICA

 

24/11/2016 Gañadores do concurso de fotografía "Os lugares máis insólitos para ler"

 

Hoxe pola mañá reuniuse o xurado do concurso de fotografía formado por dous profesores e  un membro da ANPA, co seguinte resultado:

1ºPremio : Lucía Guizán (2ºSMR)

2ºPremio: Cristina Souto (3ºESO)

3ºPremio:  Vicente Iglesias (3ºESO)

22/11/2016 Teatro en francés: Le misanthropé

Como en anos anteriores, todo o alumnado de francés do centro disfrutou da obra "Le misanthropé" a cargo da compañía La Boheme Teatre, no Cine Alovi

SINOPSE:

El Misántropo (Le Misanthrope) es una comedia teatral escrita por Molière en 1666. La obra nos habla sobre hipocresía, sobre los defectos humanos, detallados a través de los personajes, y sobre los problemas sociales de la época.

Cuando Molière escribía este texto, estaba enfermo y lo había abandonado su mujer. Estos hechos seguramente lo empujaron a tratar temas durante la obra en los que reflejaba su contrariedad y descontento con el género humano y la sociedad del momento.

Molière ya había tenido problemas anteriormente debido a la publicación de El Tartufo y Don Juan, obras censuradas por el gobierno francés. Es por eso que no se sabe si el personaje principal, Alceste, debe ser reconocido como un héroe por su honestidad o, por lo contrario, como un idiota con un punto de vista poco realista e idealizado de la sociedad.

Opuestamente al resto de la gente, Alceste rechaza todo tipo de cumplidos y convicciones sociales. Sus ideas lo convierten en un ser más bien impopular y se siente aislado de un mundo que él considera falso y superficial.

A pesar de su ideología y de sus principios, Alceste no puede ocultar su amor por Célimène, una chica ingeniosa y frívola que le tiene el corazón robado.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

21/11/2016 Defensa dos dereitos dos nenos refuxiados

O alumnado de 1º da ESO do noso instituto estudiou a dificil situación dos nenos refuxiados, e especialmente dos migrantes de Siria.

Pensando neles, estan a preparar un manifesto que presentarán nun pleno municipal do Concello das Pontes, onde reclamarán os dereitos da infancia que tamén lles corresponden.

Nesta ligazón podedes ver unha presentación coa que traballaron:

https://docs.google.com/presentation/d/1BR7FjAhzr7Ug_wExb9iroKQYP0o4gwFL_6uGV0g8Yec/edit#slide=id.gc6f972163_0_0

 

15/11/2016 Plan Director da Garda Civil: Drogadicción

Especialistas da Garda Civil ofreceran unha interesante charla sobre prevención de adiccións e consecuencias legais e penais. Nesta volta asistirán os alumnos de FP Básica, e o 28 de novembro o alumnado de Ciclos de Grao Medio e tamén de 3º e 4º da ESO.

 

En este curso escolar, la Guardia Civil lleva a cabo las actividades para el desarrollo del Plan Director para la Convivencia y Mejora de la Seguridad Escolar. Los agentes tanto a alumnos de secundaria como a padres y madres exponen en diferentes charlas aspectos relacionados con “Drogas y Alcohol”, “Los peligros de Internet” y “Violencia de Género”.  

La intención, con la aplicación y desarrollo del Plan Director es ofrecer asesoramiento policial a alumnos, profesores y AMPAS. Dentro de una mejora de la Seguridad Escolar. En sus charlas, los agentes de la Guardia Civil desarrollan diversos e interesantes aspectos sobre temas tan importantes como el acoso escolar o “Bullying”, drogadicción y juventud, grupos organizados y violentos de carácter juvenil, los peligros asociados a las nuevas tecnologías e Internet y violencia de género.

 

 

15/11/2016 Visita EcoEscola As Campeiras

Os alumnos e alumnas de 1ºESO asistiron a un taller de reciclaxe na Ecoescola das Campeiras dunha duración dunha hora e media.

A ECOescola As Campeiras é un centro de educación ambiental en prol da cultura da reciclaxe e da concienciación cidadá sobre a xestión dos refugallos domésticos e urbanos.

11/11/2016 Contacontos en Francés

Os alumnos de francés de toda a ESO disfrutaron desta sesión de historias orixinais de Camerún e Etiopía, contadas en primeira persoa polo contacontos e profesor Samuel Mountoumnjou que nos visitou este venres. 

04/11/2016 Samaín

Este venres tivemos a festa de Samaín. A ANPA trouxo castañas e refrescos  e tivemos o concurso de cabazas, cancións, etc. Podedes ver aquí fotos e videos:  

 

Estas foron as cabazas presentadas a concurso:

 

0

Video da canción preparada por os alumnos de 3ºESO.

Video da entrega de premios

2/11/2016 Visita a empresas de Automoción

Os alumnos de 1º e 2º EVA visitan as empresas Acemetal, Acecal e Desguaces Vilabella.

MECACE se constituye en el año 2.000, especializándose desde sus inicios en el mecanizado de componentes críticos de aerogeneradores (ejes, bujes, bastidores, carcasas de multiplicadora…), y con el objetivo de ofrecer la máxima calidad y excelencia en su servicio al cliente. En la actualidad nos hemos convertido en una empresa consolidada en el sector de mecanizado y con gran experiencia en grandes componentes, tanto en el mercado nacional como internacional. 

ACECAL es la empresa más joven de ACEBRON GROUP, que inició su actividad en el 2011, dedicándose a la calderería y fabricación completa de componentes mecanosoldados en una fuerte apuesta de futuro por el crecimiento del grupo de empresas.

27/10/2016 Charla Emilio Varela: "Atlantis: la ciencia del mito"

O xornalista Emilio Varela, especialista en temas medioambientais, achegouse ao noso instituto o pasado xoves, para impartir ao alumnado de 3º e 4º de ESO unha conferencia de divulgación titulada "Atlantis - a ciencia do mito" co obxectivo de sensibilizalos sobre a actividade volcánica. Dende un enfoque científico explicou o mito da "Atlantida" de Platón, historia da illa de Thera, xoia xeolóxica.

O xornalista centrou a súa exposición sobre a gran erupción minoica da illa de Thera, actualmente Santorini, fai máis de 3000 anos, intensidade 7, a maior que puido coñecer o mundo antiguo e que acabou con toda unha civilización. Falounos das catro fases da erupción: 1) fase precursora que cubriu as illas con 15 cm de cinza, 2) a erupción plinania que alcanzou os 20 km de altura, liberou fluxos piroplásticos, gases peligoros, azufre, pedras pómez (240 km/h e máis de 700ºC), e deixou unha densa capa de tefra 3) a erupción freatomagmática, a auga do mar entrou na caldeira do volcán volvéndose o magma explosivo, 4) os tsunami, varias olas de máis de 18 m de alto tardaron 20 minutos en chegar ata a illa de Creta. 30.000 persoas morreron neste desastre de proporción inimaxinable. Esta erupción foi 4.000 veces máis potente ca bomba de Hiroshima.

Durante o coloquio final, o conferenciante, activista medioambiental, falou tamén do impacto do cambio climático no Mediterráneo, da pesca extractiva, do turismo de masa e da contaminación que conleva a actividade humana nese entorno.

 

 

26/10/2016 Visita ao Muncyt e MAC na Coruña

Os alumnos de 1º, 2º e 3º da ESO disfrutaron desta xornada na Coruña visitando o Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía e o Museo de Arte Contemporánea. No primeiro visitaron a cabina do avión, resolveron os retos que aparecen na guía do museo e viron a Torre de Hércules feita con cubos de Rubik. No segudo, despois da visita guiada, realizaron xogos de palabras cos seus nomes e apelidos e realizaron un video no taller 3D 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

21/10/2016 ao 14/11/2016 Concurso de fotografía "Os lugares máis insólitos para ler"


Desde o 21 de outubro ao 14 de novembro podes presentar as túas fotografías a este concurso. As mellores serán seleccionadas para o calendario de 2017 que publicará o instituto. A ANPA otorgará distintos premios. Anímate, podes presentar dúas fotografias.!! 

A temática das fotografías será: "Os lugares máis insólitos para ler". Poden ser fotos reais ou montaxes, en cor ou branco e negro, e valoraráse a orixinalidade e o sentido do humor da escena da fotografía.

 

Tedes toda a información nesta ligazón

 
 
 
 
 
 
 

 

20-21/10/2016 Ruta "Fragas do Eume"

A actividade desenvolverase ao longo dun día e unha mañá adicional. Facendo noite nas cabanas do Cámping Fragas do Eume de Monfero.

En primeiro lugar visitaremos o portal das Fragas do Eume do Concello da Capela. A continuación sairemos para o museo etnográfico de A Capela que se atopa nas proximidades.

Dende este punto comezará a nosa andaina cara o Mosteiro de Caaveiro e os muíños do río Sesín, onde, despois de visitalos, pararemos para xantar.

Retomamos a marcha río arriba pola ribeira pertencente a Monfero, para chegar á central do Parrote na súa desembocadura no Eume. 

O último tramo consistirá en seguir a ruta cara o Cámping FragadoEume, localizado no lugar de Redondo, na parroquia de Queixeiro en Monfero.

Cearemos e faremos noite no Cámping.

Ao día seguinte despois de almorzar iremos en autobús ata o Mosteiro de Monfero. A última actividade consistirá en realizar xogos de xeolocalización na fraga de Teixido (Monfero).

Regreso a ás Pontes antes de xantar. 

Velaí un video da actividade.

 

 

19/10/2016: Ruta Muiños e Fervenza do Río Belelle

 

A actividade partirá da ponte do río Belelle no lugar da Ponte da Ribeira (Fene). Dende aí seguiremos a senda que nos leva río abaixo, primeiro á minicentral e despois  á fervenza do Belelle. Dende este punto continuaremos a senda para ver os diversos muíños que hai na parte baixa do río e o Pazo de Isabel II. Finalizaremos a ruta nas inmediacións do  CEIP de Neda.

De regreso a As Pontes faremos unha parada para ver a fervenza do Belelle dende o miradoiro de Viladonelle (Neda).

Distancia total aproximada: 7 km

- Traballar as técnicas básicas da análise paisaxística. Sistemas de aproveitamento hidráulico e o seu impacto territorial. Dos muíños as centrais hidroeléctricas.

- Estudo da potencialidade turística dos recursos paisaxísticos. Modelos de xestión.

13/10/2016: VI Maratón de cine dos "Argalleiros e Argalleiras das letras"

Por sexto ano consecutivo, os argalleiros e argalleiras das letras organizan este maratón de cine desde as 18:30h do xoves 13 de novembro ata as 8:30h da maña do venres 14 de novembro. Aqui tedes o programa do acto.

 Ahi tedes un video do desenvolvemento da actividade:

 

13/10/2016: Roteiro de Río Cuberto

Na actividade os alumnos e alumnas de 1º e 2º da ESO partiran da igrexa de Cabalar en (A Capela) para seguir a senda do Belelle ata chegar ao lugar de Río Cuberto para observar as formacións graníticas que alí existen. Continuarán ata a area de lecer de Formariz (A Capela), para ver os aproveitamentos humanos do río e regresaremos a Cabalar seguindo a mesma senda.

Distancia aproximada: 5 km

O obxectivo da actividade é a toma de contacto sobre o territorio cos elementos básicos da análise xeográfica rexional. Medio físico e humano, así como a súa representación cartográfica.

Esta actividade foi adiada ata o terceiro trimestre polo mal tempo

 

 

 



page | by Dr. Radut