Skip to Content

Actividades no centro

III FEIRA PORTUGALEGA

 

No ano en que Portugal conmemora os 50 anos da Revolução de Abril em Portugal, na Galiza celebramos a III Feira Portugalega. Como en edicións anteriores, as actividades, que son organizadas por alumnado do IES Castro Alobre, desenvolveranse no Espazo Xove de Vilagarcía de Arousa durante a tarde do 25 de abril.

Music Sticker - Music Stickers

A Intelixencia Artificial e a poesía galega e portuguesa abrirán a Feira, ás 16:00, cun obradoiro no que Miguel Rodríguez e Hugo Costa de “MH Producindo”, alumnos de Bacharelato e creadores do exitoso Rosal.ia, explicarán as posibilidades de combinar textos literarios coa música máis actual a través da IA. A continuación, comezará o Obradoiro de Cociña Portuguesa, no que se elaborarán dúas sobremesas que no fin se poderán degustar, e o esperado Torneo de FIFA con países da Lusofonía.

 

En simultáneo, os/as asistentes tamén poderán percorrer o espazo vendo a Exposición “Irmandade Portugalega” resultante do I Concurso “Somos Lusofonía” e non podía faltar, como en anos anteriores, un espazo dedicado á lingua co curso express: Como sobrevivir no Brasil? Como novidade, este ano contaremos cun representante da “Associação de Docentes de Português na Galiza”. 

Todo isto estará acompañado de música, arte, xogo, moita diversión e camaradagem e teremos un fin de festa moi especial, os Mozos de Arousa Moza farán un Reacción en Cadena á portuguesa. Iremos anunciando os participantes!

 Información completa: @galegocastroalobre  (Instagram)

  Animádevos a participar!!!

 

 

 

 

Semana do Pobo Xitano

 

Hoxe inauguramos a Semana do Pobo Xitano no IES Castro Alobre co izado da bandeira e a reprodución do “Gelem Gelem”, actos que dan comezo a unha serie de actividades programadas para toda esta semana, na que a comunidade educativa conmemora o “Día Internacional do Pobo Xitano” (celebrado o pasado 8 de abril). Agradecemos a compañía das representantes do Concello no acto, así como a participación do profesorado e alumnado voluntario, pero sobre todo agradecemos ao compañero Inhaki Lugilde pola iniciativa e pola organización.

 

 

8 M DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Que orgullo de alumnado!

No Día de Rosalía, fomos convidados ao programa da TVG “Quen anda aí” para presentar ROSAL.IA (https://mhproducindo.bandcamp.com/album/rosal-ia), un proxecto de Miguel Rodríguez (Migueldinho) e Hugo Costa (Huguito), que cursan 1º de Bach no IES Castro Alobre, que nace tras unha proposta da profesora de Galego, Marisa Moreda

Estes alumnos, utilizando a Intelixencia Artificial (IA), desenvolveron un traballo que ten como obxectivo divulgar a figura dunha icona da literatura galega, Rosalía de Castro, a través de iconas da cultura pop actual.

 

 

Tras a presentación do proxecto, rapidamente se fixeron eco a prensa e as redes:

 

 

XVII CONCURSO DE FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA

Concurso para la portada del libro de feria 2015 - Ayuntamiento de BelmezComo todos os anos o Departamento de Matemáticas organiza un concurso de fotografía. Tedes aquí as bases do concurso. Animádevos a participar.

BO NADAL E FELICES FESTAS A TOD@S!!!

 

O equipo de Diversidades afectivo-sexuais deséxavos unhas felices festas:

 

POR UN MUNDO SEN VIOLENCIA DE XÉNERO-25N

As aulas do Ies Castro Alobre berran polas que xa non están, polas maltratadas e golpeadas. Parémolo xa!

Memoria gráfica-Actividades ENDL curso 20-21

Taller de collage

Aquí podedes ver os traballos elaborados polo alumnado no taller de collage, dirixido polo profesor Fernando Arenaz do Departamento de Educación Plástica e Visual.

Temos moito talento entre @s nos@s alumn@s!!

Vídeos elaborados polo alumnado de Imaxe e son (2º Bach)

 

   
 
Distribuir contido

Contador de visitas



by Dr. Radut