Skip to Content

Actividades no centro

Letras Alobre 2013

06/05/2013 20:15
Europe/Madrid

 

INTERCAMBIO IES CASTRO ALOBRE - UPPER DUBLIN HIGH SCHOOL

 

O ano pasado na segunda quincena de abril 19 alumnos do noso centro (das seccións bilingües de inglés de 4ºESO) viaxaron a Estados Unidos dentro do programa do intercambio bianual iniciado no curso 2012-2013 entre o IES CASTRO ALOBRE e  UPPER DUBLIN HIGH SCHOOL.

Os alumnos deste instituto, situado na poboación de Fort Washington, no estado de Pennsylvania, estarán en Vilagarcía no mes de febreiro. Aquí podedes consultar o programa de actividades que temos organizado para agasallalos durante a súa estancia na nosa vila.

Tamén podedes atopar as noticias publicadas na prensa local:

Un intercambio educativo trae a Vilagarcía a alumnos de un instituto de Estados Unidos

 

Una expedición ´yankee´ en Arousa

 

Día internacional da violencia de xénero

00/00/
Array

ACTO FIN DE CURSO 2º BACHARELATO

 

Durante o acto mostrouse un vídeo con imaxes dos alumnos que rematan o 2º bacharelato. 

 

 

E tamén contou coa presenza de dous exalumnos da primeira promoción do instituto, un dos cales adicou un poema adicado ao seu Instituto: 



Instituto Laboral de Vilagarcía

(Acróstico)

 

Imperdoable pola miña parte sería

Non agasallarte na data do teu CINCUENTENARIO

Sobranceira e nutricia tafona de recordos!

Testemuño indeleble da miña adolescencia ida!

INSTITUTO LABORAL DE VILAGARCÍA!

Tocar as campás do teu aniversario cómpre hoxe

Urxe, porque angueira das persoas agradecidas é

Tradear os duros e morriñosos buxos da memoria

Onde por méritos propios ti estás, emblemático noivo do Ensino!

Lembrareite eu sempre por lle ter dado tantas cousas

A quen soubo de desprezos, fames mouras e marusías.

Bautizarme nas culturais augas das túas pías

Oportunidade lle deu a este raparigo de arrabaldes e rurais de

Rimar esta pateliña de versos modestos pero sentidos

Acreditar aos catro ventos o teu labor este poeta soñador empedernido:

Loado por sempre sexas, guieiro e faro!, caro amigo!

Devala o sol polo Barbanza mentres por Xiabre xorde a lúa paseniño

eu morriñoso a tremer as cordas da miña ordinaria e desafinada lira.

Velaí vai pois neste poema o meu máis profundo recoñecemento

Infladas as case engurradas velas do meu peito coas

Líricas e entrañables palabras da Lingua Nai

As da Galicia viva.

Grazas pola frutífera andaina que comezo deches

A bordo daquel mes de san Martiño do ’52 bretemoso e frío.

Recibe do teu alumno fundador a homenaxe merecida

Cando cumpres as primeiras cincuenta primaveiras da túa vida

Ilustre e inesquecible obradoiro de futuros!

Antigo INSTITUTO LABORAL, vello amigo.

  

EDUARDO VICTOR CASTRO LÓPEZ (exalumno)

DÍA MUNDIAL DA POESÍA

 

DÍA MUNDIAL DA POESÍA

O Castro Alobre celebra o día mundial da poesía realizando diversas actividades co alumnado, organizadas polos departamentos de galego, castelá e inglés (coa colaboración do auxiliar de conversa)

Preme aquí para ver mais fotos.

Poesías escritas polo alumnado


ENTROIDO 2010

00/00/
Array

 

As fotografías que expoñemos na galería mostran o gran ambiente do festival do entroido 2010 no IES Castro Alobre.

Os premios outorgados polo xurado, incluído o público, foron os seguintes:

1º.- As Blasas- 1º ESO E

2º.- O soño de Xosé Antonio - 3º ESO A

3º.- Fama - 1º Bacharelato C

Parabéns a todos os participantes e colaboradores

DIA DA PAZ 2010

00/00/
Array

PEPE CARREIRO NO IES CASTRO ALOBRE

O mércores 25 de novembro visítanos o escritor Pepe Carreiro, autor da obra Historia de Galiza, lida polo alumnado de 3º de ESO

PEPE CARREIRO NO IES CASTRO ALOBRE
Distribuir contido

Contador de visitas



by Dr. Radut