Skip to Content

Actividades no centro

PANOS BRANCOS

Pincha sobre a foto para acceder á Galería de imaxes

XXIV Premios Irmandade do Libro

O IES Castro Alobre recibe o Premio da Irmandade do Libro, na modalidade de Centros, en Santiago de Compostela.

Para mais información pincha sobre a foto.

RESULTADOS IES CASTRO ALOBRE NA SEXTA EDICIÓN DO PARLAMENTO XOVE (2014 2015)

O IES Castro Alobre felicita ao alumnado e profesorado participante na sexta edición do Parlamento Xove, polos bos resultados acadados na sua primeira participación.

Clasificación Parlamento Xove 2015

Para obter mais información:


 

 

 

Proxecto DRAGAL

 

Desde o venres 23 de xaneiro comezaron a aparecer dragóns polo corredor de 1º ESO e isto débese a que este curso o noso centro participa no Proxecto Dragal no que están involucrados varios departamentos (ENDL, Lingua galega e Plástica).
O Proxecto Dragal é un programa de dinamización do galego que a Secretaría Xeral de Política Lingüística desenvolve este curso en once centros educativos das catro provincias con participación de 659 alumnos e alumnas e de 55 docentes. Partindo da lectura da obra Dragal. A herdanza do dragón de Elena Gallego, vanse levar a cabo múltiples actividades como a a visita da autora (martes 27) , a participación  na wiki da obra (dragalpedia), facer unha busca de lendas e lugares máxicos pola contorna do centro, unha saída didáctica para todo o alumnado participante ao Pico Sacro a fin de curso  ...e, xa desde o comezo, a "dragalización" do centro, é dicir, adornar o centro con motivos da obra para que se faga patente a nosa participación no proxecto.

 

 

 

 

Reducimos, Reutilizamos e Reciclamos

 

 

No IES Castro Alobre tamén

Reducimos, Reutilizamos e Reciclamos 

  

 

PLAN PROXECTA Salvavidas

Alumnos de 4ºESO D xunto ao corazón-expositorCorazón-expositor

O obxectivo central do PLAN PROXECTA SALVAVIDAS é a creación dun proxecto interdisciplinario que traballe a doazón e o transplante de órganos desde diferentes perspectivas, de modo que o alumnado sexa capaz de valorar os beneficios para a cidadanía do fomento da doazón de órganos.

Os alumnos que estiveron desenvolvendo nas clases este proxecto fixeron unha serie de actividades tales como, curtas coa técnica Stop-Motion, presentacións de traballos e un corazón-expositor que estivo exposto no hall do noso centro. Ao inicio do programa realizouse tamén unha enquisa para todos os alumnos do IES Castro Alobre e posteriormente traballouse na aula  para desenvolver coñecementos e ampliar información sobre a concienciación da importancia da doazón de órganos na nosa sociedade.

As seguintes curtas pertencen aos traballos que realizaron os alumnos de 4º ESO C,D. A presentación en PDF reliazárona alumnos de 1º BAC e o corazón-expositor por alumnos de 4ºESO D. 

Neste proxecto traballaron conxuntamente os departamentos de Filosofía, Debuxo, Relixión de Orientación.

*VISUALIZAR OS ARQUIVOS Á DEREITA DESTE TEXTO

LETRAS NO ALOBRE

Xoves, 8 de maio

XORNADAS "A MIÑA PROFESIÓN"

 

 

MELLORES EXPEDIENTES 2013



 

 

NORABOA AOS MELLORES EXPEDIENTES ACADÉMICOS DE GALICIA

ELENA, MARTA E MARÍA

 

 

 

Distribuir contido

Contador de visitas



by Dr. Radut