Skip to Content

Actividades no centro

Vídeos elaborados polo alumnado de Imaxe e son (2º Bach)

 

   
 

PLAN PROXECTA: "DONAS DE SI"

O noso centro participou durante o curso 2019-2020 neste programa baixo o lema: MULLERES DECIMONÓNICAS NA CIENCIA, NA LITERATURA, NA ARTE E NA MÚSICA, vencelladas a unha das temáticas propostas polo propio proxecto. O obxectivo era visibilizar o papel da muller nos diversos eidos sociais e culturais do século XIX con traballos realizados polo alumnado de varios cursos e varias materias. A suspensión das clases presenciais non nos permitiu levar a cabo moitas das actividades previstas, pero unha pequena parte do fermoso resultado pode consultarse no seguinte blog:

DONAS DE SI


Agradecemos ao profesorado e ao alumnado implicado o seu traballo e queremos facer fincapé en que moitas das publicacións foron realizadas durante o confinamento, co esforzo que isto supón.

Gracias Galego Sticker by Boavista Collective

Orgullo LGTBIQ+ no IES Castro Alobre

Neste fin de curso tan atípico, non queremos rematar sen celebrar con toda a comunidade educativa do IES Castro Alobre o Día do Orgullo, con este vídeo que agradecemos ao Grupo de Diversidade Afetivo-sexual, á súa coordinadora, Paloma García e a todas as persoas que participaron nas iniciativas en prol da igualdade realizadas durante este curso.

 

Museo interactivo "Ahora hablamos nosotras"

A partir desta semana estades convidados a visitar o Museo Interativo "Ahora hablamos nosotras".

O  museo interactivo “Ahora hablamos nosotras” é un proxecto interdisciplinar desenrolado polo departamento de Grego, Plástica e Tecnoloxía e vinculado ao PDI da biblioteca escolar, Bibliomedia.

 
Parte frontal do museo (nela obsérvanse 2 coleccións). Susana Oubiña Falcón (CC-BY) Tetis (Figura e litografía en color). Susana Oubiña Falcón (CC-BY) Parte traseira (obsérvanse algunhas imaxes da cuarta colección). Susana Oubiña Falcón (CC-BY)

 O seu obxetivo é reivindicar a actualidade clásica, a través das mulleres na mitoloxía, e crear un museo dinámico e interactivo, unindo o artístico co tecnolóxico.

 


O obxeto tecnolóxico estrela do museo chámase Museum in a Box e foi deseñado para facilitar a creación de museos en miniatura, dunha forma interativa. Cada caixa contén unha Raspberry Pi, un amplificador, un altavoz, un lector NFC e un cadro luminoso para indicar o progreso. O funcionamento é moi sinxelo: Depositamos encima da caixa o obxeto que queremos que fale (unha figura 3D, una tarxeta ou unha postal). Ese obxeto dispón dunha pegatina NFC na cal, previamente, se lle introduciu un audio. Polo tanto, cada figura interactúa co visitante da exposición.

Parabéns a Lupe, Sonia e Susana por este fermoso proxecto.

Premio nacional Consejo de Cooperación Bibliotecaria (CCB)

"Cociñando o galego"

O ENDL do IES Castro Alobre organiza, para o vindeiro luns 4 de febreiro ás 11.30 h. no Salón de Actos do Centro e para o alumnado de 4º ESO, unha charla-coloquio co famoso cociñeiro Yayo Daporta.

La puerta violeta (Rozalén)

Aquí podedes ver a coreografía dirixida pola profesora do Departamento de Educación Física, Marga Bandera, na que participou alumnado de todos os nivieis educativos, no Festival de Fin de Curso. Esta foi  a maneira do noso alumnado a dicir Non a Violencia de Xénero.

Rescatando palabras no Día do Libro

No Día do Libro, a Biblioteca quere lembrar as linguas dos pobos indíxenas e minoritarios dun xeito especial, a través das palabras. Palabras que nos axuden a coñecer estas linguas. Con este propósito abrimos as portas do noso centro e chegamos ao parque de Ravella, para facelas visibles. 

O noso obxectivo é concienciar á cidadanía sobre a necesidade de valorar e protexer as culturas dos pobos indíxenas e as súas linguas.

Antonio Pampliega emociona coa súa charla Los ojos de la guerra

Antonio Pampliega, xornalista especializado en conflitos armados, relatou as experiencias vividas nas guerras de Siria, Afganistán, Iraq, Somalia, Congo e Sudán do Sur. Todos e todas as asistentes á charla puideron oír o son da guerra e ver as imaxes que reflectían a crúa realidade.

El periodista Antonio Pampliega ofreció una conferencia en el salón de actos del IES Castro Alobre | gonzalo salgado

O Equipo da Biblioteca, organizador desta actividade, quere destacar o interese do alumnado, que asistiu emocionado ao que Pampliega lle ía poñendo ante os ollos. Unha boa aprendizaxe que seguro recordarán.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

máis información

Distribuir contido

Contador de visitas



by Dr. Radut