Skip to Content

Lingua Galega e Literatura

Presentación do Departamento De Lingua Galega e Literatura

20/10/2013
Europe/Madrid

 

O Departamento de Lingua Galega e Literatura, durante o curso 2021/22 está formado poloseguinte profesorado: 

  • Antonio Fernández Salgado

  • Marisa Moreda Leirado

  •  Noa Pérez González

  • Susana Silva Martínez

  • Ánxeles Rodríguez Castaño
  • Ana Castro Pardo (Xefa de Departamento)

    

 

Materias que se imparten no Departamento:

 

As materias que se imparten no departamento son as seguintes:

 

      • Lingua Galega e Literatura Primeiro curso da ESO

      • Lingua Galega e Literatura Segundo curso da ESO

      • Lingua Galega e Literatura Terceiro curso da ESO

      • Lingua Galega e Literatura Cuarto curso da ESO

      • Lingua Galega e Literatura Primeiro de Bacharelato

      • Lingua Galega e Literatura Segundo de Bacharelato

      • Exención Segunda Lingua-Primeiro da ESO 

      • Exención Segunda Lingua-Segundo da ESO

 

 

 A PROGRAMACIÓN do curso 2021/2022 da materia de Lingua galega e literatura atópase premendo no seguinte enlace. 

 

 

 

 

 

 

 

VISITA A CELANOVA

O pasado xoves o noso alumnado de 3° de ESO visitou a localidade de Celanova, nunha actividade organizada conxuntamente polos Departamentos de Música e Lingua galega. A visita incluía o Mosteiro de San Salvador, a capela mozárabe de San Miguel, a Biblioteca do instituto, a Casa dos Poetas e unha actuación do propio alumnado no interior da Igrexa, acompañado pola profesora Marta Barreiro, no órgano barroco e interpretando, entre outras pezas, os “Carmina Burana” que vos presentamos aquí con dúas fotos da xornada. Noraboa ao noso alumnado e moitas grazas ás profesoras organizadoras e acompañantes.

 

                                       

LETRAS GALEGAS 2014

A REAL ACADEMIA GALEGA DA LINGUA DEDÍCALLE O 17 DE MAIO DO 2014 AO ESCRITOR:

 

XOSÉ MARÍA, DÍAZ CASTRO

LISTA DE LIBROS 2013-2014

 

Criterios de cualificación de Bacharelato

 

CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN

 

                                                    1º BACH.                           CURSO 2012-2013

 

O Departamento de Lingua e Literatura galegas acordou establecer as seguintes porcentaxes:

1- UN  25%:

 EXPRESIÓN ORAL:

-          Actitude e uso da nosa lingua no contexto da aula. Terase en conta o grao de participación e evolución na expresión oral.

-          Sintetizar oralmente o sentido global de textos escritos diversos, identificando as ideas principais e secundarias.

-          Exposicións e exames orais (libro de lectura, exposicións de traballos  etc…) así como a  participación nos debates feitos na clase.

 

NOTA: serán consideradas faltas graves na avaliación da lingua oral a utilización de castelanismos e tempos compostos,  ademais da incorrecta colocación dos pronomes.

SERÁ AVALIADO NEGATIVAMENTE NON UTILIZAR A LINGUA GALEGA NO CONTEXTO DA AULA.

 

  LIBROS DE LECTURA, COMPORTAMENTO E ESFORZO COTIÁNS .

 

O exame dun dos libros de lectura obrigatoria será unha proba oral, co cal, neste apartado, será valorada a correcta interpretación da obra literaria escollida, quedando  encadrada no apartado anterior  a valoración do nivel de corrección da lingua galega.

 

 Considerarase como requisito imprescindíbel para aprobar LINGUA GALEGA E LITERATURA (1º BACH.), a lectura e presentación dos traballos das obras incluídas na lista de lecturas como obrigatorias.

 

O  listado de obras é aberto e poderá ser ampliado segundo considere este departamento, tendo sempre presente as necesidades educativas do alumnado.

 

 

 

As alumnas/os que acaden en cada avaliación unha nota igual ou superior a catro, poderán subir a nota ata 2 puntos coa lectura voluntaria de obras literarias presentes na mencionada lista de lecturas.

 

 

 

2-  UN  75%

 

-          Realización de probas escritas, teóricas e prácticas.

 

 

Na corrección das probas terase en conta a expresión escrita (ortografía e redacción). Así nos exames escritos as faltas ortográficas teranse en conta seguindo os seguintes criterios:

FALTAS MOI GRAVES

 

-          Escribir en castelán.

-          Non distinguir entre s/x, b/v, una/unha…

-          Acento diacrítico.

-          Usar formas compostas co verbo haber *he dito.

-          Antepoñer o pronome átono nas oracións simples ou nas principais das compostas *o vin, *se nos dixo.

-          Non respectar as normas que impoñen os signos ortográficos (uso de maiúsculas despois de punto, separación incorrecta de sílabas…).

 

FALTAS GRAVES

 

-          Confundir o xénero de certos substantivos.

-          Usar as formas do demostrativo popular  *estos *esos.

-          Non usar os posesivos co artigo diante *nosas cousas.

-          Empregar o plural *quenes.

-          Usar as formas apocopadas *primer, *primeir.

-          Escribir os numerais *cuarenta *ochenta, *quinientos.

-          Vacilar no uso dos cardinais *deceseis,  *dazaseis.

-          Deformación de formas dos indefinidos *alguién, *ninguién.

-          Apocopar a forma calquera *calquer,  *calqueira.

-          Usar algún/algunha nas frases negativas *non me produciu satisfacción algunha.

-          Empregar indiscriminadamente os pronomes persoais te/che,  lle, lles/o, os *xa te fixen o recado, *chameille por teléfono.

-          Usar as formas do pronome suxeito como segundo termo da comparación *traballa máis ca eu.

-          Conxugar con erros *anduven/andiven, *podría, *estuvo, *iba, *salgo, *traigo, *creer, *supen.

-          Manter o grupo –zc- na 1ª persoa do presente de indicativo e no presente de subxuntivo *conduzco, *obedezco, *conduzca, *obedezca.

-          Escribir a preposición a na perífrase IR + INFINITIVO * vou a ir ó cine.

-          Empregar verbos da 2ª conxugación como pertencentes á 3ª *batir, *ocurrir.

-          Castelanizar certos adverbios e preposicións *ahora, * hasta, *sin, *según.

 

FALTAS LEVES

 

-          Acentuación.

 

 

Nota: As incorrecións catalogadas como moi graves na escrita serán tidas en conta desde a 1ª avaliación, restando á puntuación do exame escrito -0.2 cada unha a considerar na nota final. As faltas graves pasarán a considerarse como tales unha vez que sexa explicado o tema gramatical na clase, reducindo - 0.1 puntos. As faltas leves serán sancionadas con –0.05 cada unha.

 

As porcentaxes que corresponden a actividades diferentes das probas escritas só se terán en conta na súa totalidade se as alumnas e alumnos acadan un mínimo de catro puntos en ditas probas escritas.

 

 

 

 

 RECUPERACIÓN DE CONTIDOS:

 

Farase  recuperación da primeira avaliación para todo o alumnado que a suspenda. Da 2ª e da 3ª avaliación farase recuperación final, sempre e cando se teñan só dúas avaliacións suspensas. O alumnado que suspenda a recuperación da 1º avaliación, a 2ª e a 3ª ten a materia suspensa para setembro.

 

Nos exames extraordinarios de setembro teranse en conta estes mesmos criterios e os/as alumnos/as deberán examinarse das lecturas non realizadas.

 

 

 

CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN

 

                                                      2º BACH.                       CURSO 2012 - 2013

 

 

O Departamento de Lingua galega e Literatura acordou establecer as seguintes porcentaxes:

1 - UN  10%:

A.  EXPRESIÓN ORAL (5 %)

 

-  Actitude e uso da nosa lingua no contexto da aula. Terase en conta o grao de participación e evolución na expresión oral.

- Sintetizar oralmente o sentido global de textos escritos diversos, identificando as ideas           principais e secundarias.

- Exposicións e exames orais, así como a  participación nos debates feitos na clase.

 

NOTA: serán consideradas faltas graves na avaliación da lingua oral a utilización de castelanismos e tempos compostos, ademais da colocación incorrecta dos pronomes.

 

B.  LIBRO DE LECTURA, COMPORTAMENTO E ESFORZO COTIÁNS (5 %)

 

-O exame dun dos libros  de lectura obrigatoria será feito nun exame oral, co cal neste apartado será valorada a correcta interpretación da obra literaria escollida, quedando  encadrada no apartado anterior  a valoración do nivel de corrección da lingua galega.

 

 Considerarase como requisito imprescindíbel para aprobar LINGUA GALEGA E LITERATURA (2º BACH.), a lectura das obras incluídas na lista de lecturas como obrigatorias.

 

As alumnas/os que acaden en cada avaliación unha nota igual ou superior a catro, poderán subir a nota ata 2 puntos coa lectura voluntaria de obras literarias presentes na mencionada lista de lecturas.

 

O listado de obras de lectura voluntaria é aberto e poderá ser ampliado segundo considere este departamento, tendo sempre presente as necesidades educativas do alumnado.

 

 

 

2-  UN 90%

 

-Realización de probas escritas, teóricas e prácticas.

 

 

 

 

En canto ao programa de contidos, seguimos  as pautas dadas polo Grupo de Traballo de Lingua e Literatura Galegas das PAAU- LOE, sendo algunhas das probas escritas feitas ao longo das avaliacións,  similares ás probas de acceso á Universidade.

 

 

 

ESTRUTURA, CONTIDOS E PUNTUACIÓNS DO EXAME DE SELECTIVIDADE

 

- Preguntas 1 e 2: -1 punto cada unha e nelas responderase de xeito breve a algún

aspecto de comprensión do texto.

 

Velaquí algunhas posibles preguntas:

 

·         Resumo breve do texto ou dunha parte del.

·         Estrutura do texto.

·         Ideas principais e secundarias.

·         Intencionalidade do texto.

·         Opinión do autor sobre algún aspecto que se indique. Será especialmente

           interesante que o/a alumno/-a perciba as ironías, por exemplo, e non entenda                                 só o que se di, senón o que se quere dicir.

·         Significado concreto no texto dalgunha palabra ou expresión.

 

- Pregunta 3: 3 puntos ( extensión aproximada de 200 a 250 palabras). Avaliará a

expresión, polo que nela se pedirá que se produza un texto relacionado dalgún modo

con aquel sobre o que se basea o exame.

Para a súa puntuación terase en conta o xuízo crítico das ideas que conteña o texto, así como a capacidade do alumnado para estruturar adecuadamente as ideas que expón e a corrección da expresión. Tamén se terá en conta a corrección gramatical e ortográfica. Quere isto dicir que na propia puntuación da pregunta se valorará negativamente a incorrección ortográfica e normativa.

 

- Preguntas 4 e 5: cada unha 1 punto.

 Versarán sobre conceptos de fonética, fonoloxía, morfoloxía, sintaxe, semántica, léxico ou dialectoloxía. O contido de dialectoloxía de facerse nun exame concreto, será unha pregunta breve e guiada sobre as posibilidades dialectais que podería ter unha forma presente no texto (por exemplo, ante a palabra veciño poderá solicitarse que se indique qué outras formas dialectais presenta o territorio lingüístico galego e qué extensión xeográfica ten cada unha delas).

 

- Pregunta 6: 1 punto. “A sociolingüística”. As posibles preguntas son unicamente as

seguintes:

1.- As funcións sociais da lingua. Conflito e diglosia. Estereotipos e prexuízos

lingüísticos: a súa repercusión nos usos.

2.- Historia da normativización: a construción da variedade estándar. Interferencias e

desviacións da norma.

3.- Linguas minorizadas e linguas minoritarias. O galego: lingua en vías de

normalización.

4.- O galego no primeiro terzo do século XX: características lingüísticas fundamentais.

Contexto histórico e situación sociolingüística.

5.- O galego de 1936 a 1975: características lingüísticas fundamentais. Contexto

histórico e situación sociolingüística.

6.- O galego a finais do século XX e comezos do XXI: características lingüísticas

fundamentais. Contexto histórico e situación sociolingüística.

 

Como se observa polas preguntas, estes temas poderían responderse con toda a extensión

que se desexe. Non obstante, será imprescindible que a resposta sexa resumida, acorde

coa propia puntuación da pregunta e co tempo de que se dispón para o exame. Sería

desexable unha extensión aproximada dunhas 200 ou 250 palabras. Polo tanto, nesta

extensión, máis ben breve para unha pregunta deste tipo, o alumnado deberá referirse ó

contido importante e non divagar en consideracións xerais que non supoñan a cerna do

tema.

Tanto nesta pregunta 6 como na seguinte (7) ofreceranse dúas posibilidades, para que o

alumnado escolla unicamente unha delas. Estas dúas posibilidades serán as mesmas na

Opción A e na Opción B do exame. Deste xeito poderá escollerse unha ou outra opción

do exame sen que inflúan as preferencias nas preguntas de sociolingüística ou de

literatura.

 

Pregunta 7: 2 puntos. “A literatura”. As preguntas que se poderán facer sobre estes

contidos son unicamente as seguintes:

 

1.- A poesía das Irmandades da Fala. Características, autores e obras representativas.

2.- A poesía de vangarda. Características, autores e obras representativas.

3.- A prosa do primeiro terzo do XX: as Irmandades e o Grupo Nós (narrativa, ensaio e

xornalismo).

4.- O teatro do primeiro terzo do XX: Irmandades, vangardas e Grupo Nós.

5.- A poesía entre 1936 e 1976: a Xeración do 36, a Promoción de Enlace, a Xeración

das Festas Minervais.

6.- A prosa entre 1936 e 1976: os renovadores da prosa (Fole, Blanco Amor,

Cunqueiro e Neira Vilas).

7.- A Nova Narrativa galega. Características, autores e obras representativas.

8.- O teatro galego entre 1936 e 1976: a Xeración dos 50 e o Grupo de Ribadavia.

9.- A literatura do exilio entre 1936 e 1976: poesía, prosa e teatro.

10.- A poesía de fins do XX e comezos do XXI. Temas e autores dos 80 e dos 90. Poetas

e tendencias actuais máis relevantes.

11.- A prosa de fins do XX e comezos do XXI. Temas e autores dos 80 e dos 90.

Prosistas e tendencias actuais máis relevantes.

12.- O teatro de fins do XX e comezos do XXI. Temas e autores dos 80 e dos 90.

Dramaturgos, tendencias e compañías actuais máis relevantes.

 

Nesta pregunta 7 temos que lembrar que as respostas nunca deben ser unha listaxe de

autores e obras, senón que tamén se espera unha explicación das características da

escrita dos autores, das tendencias ou das etapas. Como orientación en canto á extensión

podemos falar aproximadamente dunhas 400 ou 500 palabras, aínda que isto pode ser

variable dependendo de se o alumnado opta por unha resposta con redacción máis

desenvolvida ou máis esquemática.

 

 

As probas que se lles realizará ás alumnas e alumnos constarán de un texto sobre o que se efectuarán breves preguntas referidas aos contidos gramaticais, léxico-semánticos, fonética, ortografía e dialectoloxía; unha pregunta para o desenvolvemento dun tema de Sociolingüística e outra sobre a parte de Literatura vista nesa avaliación.

As preguntas sobre Sociolingüística e Literatura formularanse tendo en conta a relación de temas e os seus contidos,  enviados a este seminario polo Grupo de Traballo e expostos máis arriba.

En canto ao comentario de textos, obxecto da primeira, segunda e terceira pregunta das PAAU en Lingua e Literatura Galegas, faranse varias prácticas ao longo do primeiro trimestre, para despois ser incluídos como pregunta de exame nas probas escritas que se realicen.

 

Valorarase a corrección lingüística, polo que a expresión deficiente, así como as faltas de ortografía e puntuación baixarán a cualificación. As faltas catalogaranse como faltas moi graves, aquelas que atenten contra o sistema lingüístico ( penalizadas con 0.2 puntos), faltas  graves, que serían as solucións contrarias ás convencións ortográficas e á norma lingüística

( penalizadas con 0.1 puntos)  e as faltas leves , aquelas solucións discordantes co estándar vixente ( penalizadas con 0.05 puntos). Sobre a cualificación global do exame poderanse descontar ata un máximo de DOUS PUNTOS pola acumulación de erros moi graves, graves e leves.

 

FALTAS MOI GRAVES

-          Escribir en castelán.

-          Non distinguir entre s/x, b/v, una/unha…

-          Acento diacrítico.

-          Usar formas compostas co verbo haber *he dito.

-          Antepoñer o pronome átono nas oracións simples ou nas principais das compostas *o vin, *se nos dixo.

-          Non respectar as normas que impoñen os signos ortográficos (uso de maiúsculas despois de punto, separación incorrecta de sílabas…).

FALTAS GRAVES

 

-          Confundir o xénero de certos substantivos.

-          Usar as formas do demostrativo popular  *estos *esos.

-          Non usar os posesivos co artigo diante *nosas cousas.

-          Empregar o plural *quenes.

-          Usar as formas apocopadas *primer, *primeir.

-          Escribir os numerais *cuarenta *ochenta, *quinientos.

-          Vacilar no uso dos cardinais *deceseis,  *dazaseis.

-          Deformación de formas dos indefinidos *alguién, *ninguién.

-          Apocopar a forma calquera *calquer,  *calqueira.

-          Usar algún/algunha nas frases negativas *non me produciu satisfacción algunha.

-          Empregar indiscriminadamente os pronomes persoais te/che,  le, lles/o,os *xa te fixen o recado, *chameille por teléfono.

-          Usar as formas do pronome suxeito como segundo termo da comparación *traballa máis ca eu.

-          Conxugar con erros *anduven/andiven, *podría, *estuvo, *iba, *salgo, *traigo, *creer, *supen.

-          Manter o grupo –zc- na 1ª persoa do presente de indicativo e no presente de subxuntivo *conduzco, *obedezco, *conduzca, *obedezca.

-          Escribir a preposición a na per´frase IR + INFINITIVO * vou a ir ó cine.

-          Empregar verbos da 2ª conxugación como pertencentes á 3ª *batir, *ocurrir.

-          Castelanizar certos adverbios e preposicións *ahora, * hasta, *sin, *según.

FALTAS LEVES

-          Acentuación.

 

 

 RECUPERACIÓN DE CONTIDOS:

 

Farase  recuperación da primeira avaliación para todo o alumnado que a suspenda. Da 2ª e da 3ª avaliación farase recuperación final, sempre e cando se teñan só dúas avaliacións suspensas. O alumnado que suspenda a recuperación da 1º avaliación, a 2ª e a 3ª ten a materia suspensa para setembro.

 

Nos exames extraordinarios de setembro teranse en conta estes mesmos criterios e os/as alumnos/as deberán examinarse das lecturas non realizadas.



Criterios de cualificación de ESO

CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN DA ESO

                                                                                              CURSO 2012-2013

1ºCICLO  

Na valoración do traballo realizado polos alumnos/as en cada trimestre, aplicarase a seguinte porcentaxe:

-          Lectura dos libros obrigatorios, estimación do esforzo, superación, implicación do alumno/a e  proceso do traballo na aula (30%).

 

-          Expresión oral e actitude (20%).

 

-          Probas escritas (teóricas e prácticas) (50%).

 

-          As porcentaxes que corresponden a actividades diferentes das probas escritas só se terán en conta na súa totalidade se o alumno/a acada un mínimo de catro puntos en ditas probas. No caso de non chegar a esta puntuación, as porcentaxes serán tidas en conta parcialmente a criterio do profesor/a correspondente.

 

 

-          IMPORTANTE:

 

-          As alumnas/os que acaden en cada avaliación unha nota igual ou superior a catro, poderán subir a nota até 2 puntos coa lectura voluntaria de obras literarias presentes na lista de lecturas.

 

-          Considerarase como requisito imprescindíbel para aprobar LINGUA GALEGA E LITERATURA (1º e 2º ESO) realizar as lecturas obrigatorias. Avaliaranse estas lecturas ben mediante exames escritos ou orais, ben a través de traballos escritos sobre a obra escollida. 

 

-          O alumnado que non aprobe durante o curso os  libros de lectura obrigatoria, terá que realizar en setembro unha proba escrita de cada un deles.

 

-          Na corrección das probas escritas terase en conta a coherencia e cohesión na expresión, así como a ortografía, puntuación e acentuación. Sobre a cualificación global do exame poderanse descontar ata un máximo de DOUS PUNTOS pola acumulación de erros moi graves, graves e leves.

 

 Así nos exames escritos as faltas ortográficas teranse en conta seguindo os seguintes       criterios:

FALTAS MOI GRAVES

 

-          Escribir en castelán.

-          Non distinguir entre s/x, b/v, una/unha…

-          Acento diacrítico.

-          Usar formas compostas co verbo haber *he dito.

-          Antepoñer o pronome átono nas oracións simples ou nas principais das compostas *o vin, *se nos dixo.

-          Non respectar as normas que impoñen os signos ortográficos (uso de maiúsculas despois de punto, separación incorrecta de sílabas…).

 

FALTAS GRAVES

 

-          Confundir o xénero de certos substantivos.

-          Usar as formas do demostrativo popular  *estos *esos.

-          Non usar os posesivos co artigo diante *nosas cousas.

-          Empregar o plural *quenes.

-          Usar as formas apocopadas *primer, *primeir.

-          Escribir os numerais *cuarenta *ochenta, *quinientos.

-          Vacilar no uso dos cardinais *deceseis,  *dazaseis.

-          Deformación de formas dos indefinidos *alguién, *ninguién.

-          Apocopar a forma calquera *calquer,  *calqueira.

-          Usar algún/algunha nas frases negativas *non me produciu satisfacción algunha.

-          Empregar indiscriminadamente os pronomes persoais te/che,  lle, lles/o, os *xa te fixen o recado, *chameille por teléfono.

-          Usar as formas do pronome suxeito como segundo termo da comparación *traballa máis ca eu.

-          Conxugar con erros *anduven/andiven, *podría, *estuvo, *iba, *salgo, *traigo, *creer, *supen.

-          Manter o grupo –zc- na 1ª persoa do presente de indicativo e no presente de subxuntivo *conduzco, *obedezco, *conduzca, *obedezca.

-          Escribir a preposición a na perífrase IR + INFINITIVO * vou a ir ó cine.

-          Empregar verbos da 2ª conxugación como pertencentes á 3ª *batir, *ocurrir.

-          Castelanizar certos adverbios e preposicións *ahora, * hasta, *sin, *según.

 

FALTAS LEVES

 

-          Acentuación.

 

 

Nota: As incorrecións catalogadas como moi graves na escrita serán tidas en conta desde a 1ª avaliación, restando á puntuación do exame escrito -0.2 cada unha a considerar na nota final. As faltas graves pasarán a considerarse como tales unha vez que sexa explicado o tema gramatical na clase, reducindo - 0.1 puntos. As faltas leves serán sancionadas con –0.05 cada unha.

 

 

Estes mesmos criterios teranse en conta na proba extraordinaria de setembro, segundo se establece no DOG.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN 

 

                                                      3º ESO                                CURSO 2012 - 2013

 

 

O  traballo realizado polas alumnas e alumnos en cada unha das avaliacións será valorado de acordo coa seguinte porcentaxe:

 

 1.- Exames escritos (teóricos e prácticos)- 60%

 

2.- Expresión oral (exposicións orais, ben feitas ante o resto dos compañeiros e compañeiras, ben realizadas ante o/a profesor/a correspondente, avaliación do libro de lectura obrigatorio, se esta se fai oralmente), actitude cara á materia de LINGUA GALEGA E LITERATURA, realización das tarefas diarias e esforzo cotián, presentación do caderno ou ficheiro, entrega de traballos na data sinalada, comportamento…- 40%

 

Considerarase como requisito imprescindíbel para aprobar LINGUA GALEGA E LITERATURA (3º ESO), realizar as lecturas obrigatorias. Avaliaranse estas lecturas  ben mediante exames escritos ou orais, ben a través de traballos escritos sobre a obra escollida.

 

As porcentaxes que corresponden a actividades diferentes das probas escritas só se terán en conta na súa totalidade se o alumno/a acada un mínimo de catro puntos en ditas probas.

 

IMPORTANTE

As alumnas/os que acaden en cada avaliación unha nota igual ou superior a catro, poderán subir a nota até 2 puntos coa lectura voluntaria de obras literarias presentes na lista de lecturas.

 

NA  EXPRESIÓN  ORAL  AVALIARASE  NEGATIVAMENTE  O  FEITO DE NON USAR A LINGUA GALEGA COMO LINGUA VEHICULAR NO CONTEXTO DA AULA.

ASÍ MESMO, CONSIDERARANSE FALTAS GRAVES NOS EXAMES ORAIS A UTILIZACIÓN DE TEMPOS COMPOSTOS, MALA COLOCACIÓN DOS PRONOMES ÁTONOS E CASTELANISMOS, E RESTARASE 0.20 POR CADA UNHA.

 

Na corrección das probas escritas terase en conta a coherencia e cohesión na expresión, así como a ortografía, puntuación e acentuación. Sobre a cualificación global do exame poderanse descontar ata un máximo de DOUS PUNTOS pola acumulación de erros moi graves, graves e leves.

 

 Así nos exames escritos as faltas ortográficas teranse en conta seguindo os seguintes criterios:

FALTAS MOI GRAVES

 

-          Escribir en castelán.

-          Non distinguir entre s/x, b/v, una/unha…

-          Acento diacrítico.

-          Usar formas compostas co verbo haber *he dito.

-          Antepoñer o pronome átono nas oracións simples ou nas principais das compostas *o vin, *se nos dixo.

-          Non respectar as normas que impoñen os signos ortográficos (uso de maiúsculas despois de punto, separación incorrecta de sílabas…).

 

FALTAS GRAVES

 

-          Confundir o xénero de certos substantivos.

-          Usar as formas do demostrativo popular  *estos *esos.

-          Non usar os posesivos co artigo diante *nosas cousas.

-          Empregar o plural *quenes.

-          Usar as formas apocopadas *primer, *primeir.

-          Escribir os numerais *cuarenta *ochenta, *quinientos.

-          Vacilar no uso dos cardinais *deceseis,  *dazaseis.

-          Deformación de formas dos indefinidos *alguién, *ninguién.

-          Apocopar a forma calquera *calquer,  *calqueira.

-          Usar algún/algunha nas frases negativas *non me produciu satisfacción algunha.

-          Empregar indiscriminadamente os pronomes persoais te/che,  lle, lles/o, os *xa te fixen o recado, *chameille por teléfono.

-          Usar as formas do pronome suxeito como segundo termo da comparación *traballa máis ca eu.

-          Conxugar con erros *anduven/andiven, *podría, *estuvo, *iba, *salgo, *traigo, *creer, *supen.

-          Manter o grupo –zc- na 1ª persoa do presente de indicativo e no presente de subxuntivo *conduzco, *obedezco, *conduzca, *obedezca.

-          Escribir a preposición a na perífrase IR + INFINITIVO * vou a ir ó cine.

-          Empregar verbos da 2ª conxugación como pertencentes á 3ª *batir, *ocurrir.

-          Castelanizar certos adverbios e preposicións *ahora, * hasta, *sin, *según.

 

FALTAS LEVES

 

-          Acentuación.

 

 

Nota: As incorrecións catalogadas como moi graves na escrita serán tidas en conta desde a 1ª avaliación, restando á puntuación do exame escrito -0.2 cada unha a considerar na nota final. As faltas graves pasarán a considerarse como tales unha vez que sexa explicado o tema gramatical na clase, reducindo - 0.1 puntos. As faltas leves serán sancionadas con –0.05 cada unha.

 

 

RECUPERACIÓN DE CONTIDOS:

 

Farase  recuperación da primeira avaliación para todo o alumnado que a suspenda. Da 2ª e da 3ª avaliación farase recuperación final, sempre e cando se teñan só dúas avaliacións suspensas. O alumnado que suspenda a recuperación da 1º avaliación, a 2ª e a 3ª ten a materia suspensa para setembro.

 

 

 

Nos exames extraordinarios de setembro teranse en conta estes mesmos criterios, e os/as alumnos/as deberán examinarse das lecturas non realizadas ou suspensas durante o curso.

 

 

 

 

 

 

CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN

 

                                                        4ºESO                         CURSO 2012-2013

 

O traballo realizado polas alumnas e alumnos en cada unha das avaliacións será valorado de acordo coa seguinte porcentaxe:

 

 

1.- Exames escritos (teóricos e prácticos)- 60% 

 

2.- Expresión oral (exposicións orais, ben feitas ante o resto dos compañeiros ou         compañeiras, ben realizadas ante o/a profesor/a correspondente, avaliación do libro de lectura obrigatorio, se esta se fai oralmente), actitude cara á materia de LINGUA  GALEGA E LITERATURA, realización das tarefas diarias e esforzo cotián, presentación do caderno ou ficheiro, entrega de traballos na data sinalada, comportamento…- 40%

 

As porcentaxes que corresponden a actividades diferentes das probas escritas só se terán en conta na súa totalidade se o alumno/a acada un mínimo de catro puntos en ditas probas.

 

 

IMPORTANTE

 

As alumnas/os que acaden en cada avaliación unha nota igual ou superior a catro, poderán subir a nota ata 2 puntos coa lectura voluntaria de obras literarias presentes na lista de lecturas.

 

 

Considerarase como requisito imprescindíbel para aprobar LINGUA GALEGA E LITERATURA (4º ESO), realizar as lecturas obrigatorias. Avaliaranse estas lecturas  ben mediante exames escritos ou orais, ben a través de traballos escritos sobre a obra escollida.

 

 

NA EXPRESIÓN ORAL AVALIARASE NEGATIVAMENTE O FEITO DE NON USAR A LINGUA GALEGA COMO LINGUA VEHICULAR NO CONTEXTO DE AULA.

 

ASÍ MESMO, CONSIDERARANSE FALTAS GRAVES NOS EXAMES ORAIS A UTILIZACIÓN DE TEMPOS COMPOSTOS, MALA COLOCACIÓN DOS PRONOMES ÁTONOS E CASTELANISMOS, RESTÁNDOSE 0.20 POR CADA UNHA.

 

Na corrección das probas escritas terase en conta a coherencia e cohesión na expresión, así como a ortografía, puntuación e acentuación. Sobre a cualificación global do exame poderanse descontar ata un máximo de DOUS PUNTOS pola acumulación de erros moi graves, graves e leves.

 

 Así nos exames escritos as faltas ortográficas teranse en conta seguindo os seguintes criterios:

 
FALTAS MOI GRAVES

 

-          Escribir en castelán.

-          Non distinguir entre s/x, b/v, una/unha…

-          Acento diacrítico.

-          Usar formas compostas co verbo haber *he dito.

-          Antepoñer o pronome átono nas oracións simples ou nas principais das compostas *o vin, *se nos dixo.

-          Non respectar as normas que impoñen os signos ortográficos (uso de maiúsculas despois de punto, separación incorrecta de sílabas…).

 

FALTAS GRAVES

 

-          Confundir o xénero de certos substantivos.

-          Usar as formas do demostrativo popular  *estos *esos.

-          Non usar os posesivos co artigo diante *nosas cousas.

-          Empregar o plural *quenes.

-          Usar as formas apocopadas *primer, *primeir.

-          Escribir os numerais *cuarenta *ochenta, *quinientos.

-          Vacilar no uso dos cardinais *deceseis,  *dazaseis.

-          Deformación de formas dos indefinidos *alguién, *ninguién.

-          Apocopar a forma calquera *calquer,  *calqueira.

-          Usar algún/algunha nas frases negativas *non me produciu satisfacción algunha.

-          Empregar indiscriminadamente os pronomes persoais te/che,  lle, lles/o, os *xa te fixen o recado, *chameille por teléfono.

-          Usar as formas do pronome suxeito como segundo termo da comparación *traballa máis ca eu.

-          Conxugar con erros *anduven/andiven, *podría, *estuvo, *iba, *salgo, *traigo, *creer, *supen.

-          Manter o grupo –zc- na 1ª persoa do presente de indicativo e no presente de subxuntivo *conduzco, *obedezco, *conduzca, *obedezca.

-          Escribir a preposición a na perífrase IR + INFINITIVO * vou a ir ó cine.

-          Empregar verbos da 2ª conxugación como pertencentes á 3ª *batir, *ocurrir.

-          Castelanizar certos adverbios e preposicións *ahora, * hasta, *sin, *según.

 

FALTAS LEVES

 

-          Acentuación.

 

Nota: As incorrecións catalogadas como moi graves na escrita serán tidas en conta desde a 1ª avaliación, restando á puntuación do exame escrito -0.2 cada unha a considerar na nota final. As faltas graves pasarán a considerarse como tales unha vez que sexa explicado o tema gramatical na clase, reducindo - 0.1 puntos. As faltas leves serán sancionadas con –0.05 cada unha.

 

 

 

 

RECUPERACIÓN DE CONTIDOS:

 

Farase  recuperación da primeira avaliación para todo o alumnado que a suspenda. Da 2ª e da 3ª avaliación farase recuperación final, sempre e cando se teñan só dúas avaliacións suspensas. O alumnado que suspenda a recuperación da 1º avaliación, a 2ª e a 3ª ten a materia suspensa para setembro.

 

Nos exames extraordinarios de setembro teranse en conta estes mesmos criterios e os/as alumnos/as deberán examinarse das lecturas non realizadas.

LECTURAS GORENTOSAS

00/00/
Array

  O pazo baleiro, de Xabier Docampo , lectura escollida por algún alumnado de 1º Eso

       Museo Provincial de Lugo. O alumnado de 1º Eso está lendo Contos de medo no museo, que axudará a realizar actividades na saída prevista a esta cidade os días 16 e 23 de marzo.

 

 

 En 3º Eso gozan de A pomba e o degolado, de Fina Casalderrey

 

 

 

   Libro lido en 4º de Eso. A historia máis apaixonante é  a que lle dá título á obra. ¿Lémbraste de Frankenstein

 

Festina lente , de Marcos Valcárcel (1º BAC)

 

 

   O alumnado de 2º Bac percorreu Auria co Cibrán, o Bocas e o Milhomes 
 O sol de verán, de Carlos Casares. ¿Queres saber máis da historia de Helena e Carlos?.Pois xa sabes, le este libro.   

Literatura galega

00/00/
Array

Se queredes ver un power-point das vangardas, premede aquí.

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES E COMPLEMENTARIAS

00/00/
Array

 PRÓXIMAS ACTIVIDADES

-1º ESO. VISITA A LUGO OS DÍAS 16 E 23 DE MARZO.

-1º ESO. VISITA A COMPOSTELA O 25 DE MARZO.

- 3º ESO. VISITA A CELANOVA O 22 DE MARZO

-2º BAC. VISITA A OURENSE, TRASALBA E OSEIRA O 2 DE MARZO.

 

 

PROBAS DE ACCESO Á UNIVERSIDADE

Na páxina da Comisión Interuniversitaria de Galicia, CiUG, temos toda a información relativa ás PAAU. Ademais, premendo aquí accedemos aos criterios de corrección das probas de xuño e setembro de 2009 e aos exames, correccións e solucións das PAAU do curso 2000-2001 ao curso 2007-2008.

Distribuir contido

Contador de visitas



by Dr. Radut