Skip to Content

Dependencias

Edificio Principal

Edificio Principal

Dependencias

20/10/2021 00:00
Europe/Madrid

INSTALACIÓNS

O centro está situado no casco urbán de Vilagarcía de Arousa. Conta con dous edificios principais: un construido en 1952, que aloxa os grupos da ESO, así como as oficinas e os despachos; e outro máis novo, que empezou a funcionar no curso 1999-2000 e no que se atopan as aulas de Bacharelato e o Ciclo Medio de Coidados Auxiliares de Enfermería. Este instituto dispón de 32 aulas de grupo, 2 aulas de Tecnoloxía, 2 aulas de Informática, 3 laboratorios (un de Física, un de Química e outro de Ciencias Naturais), 4 aulas pequenas para desdobres, un salón de actos, unha biblioteca, unha sala de profesores, 2 salas de recepción de pais, 5 despachos para o equipo directivo, 13 locais para os Departamentos Didácticos e 2 oficinas de administración. (Houbo importantes cambios nas instalacións ao longo destes dous anos como consecuencia da pandemia - EN ESPERA DE ACTUALIZACIÓN).

Tamén dispón dun pavillón polideportivo e un campo de deportes. Asimesmo, conta cunha casa destinada antigamente a vivenda do conserxe.

O alumnado procede de Vilagarcía e zonas periféricas (Trabanca, Cornazo, A Laxe, A Torre etc.) No curso 2021/22 o centro conta con un total  de 821 alumnas ou alumnos . 

Distribuir contido

Contador de visitas



by Dr. Radut