Actividades

Escribir con Arte: O movemento

Primeiras mostras do alumnado de Educación Plástica para o proxecto Escribir con Arte. Nelas abordan a temática do movemento. 

Álbum: Curso 2023/2024 -> Escribir con Arte - O Movemento

Teteiras na biblioteca

     Desde o curso 2019-2020 grazas á iniciativa do departamento de Educación Plástica e Visual temos ocasión de contemplar exposicións de debuxos do alumnado nas mesas da biblioteca.

     Neste momento pódese ver unha dedicada a TETEIRAS, do alumnado de 2º de bacharelato.

     Quen a queira ver, que vaia axiña porque logo vén a seguinte, xa chama á porta...

Álbum: Curso 2021/2022 -> Teteiras na biblioteca

Exposición de traballos sobre Xela Arias

Na entrada do instituto estiveron expostos varios dos traballos que o alumnado de 4ºESO e Debuxo Artístico de 1ºBAC realizaron sobre Xela Arias.

Álbum: Curso 2020/2021 -> Exposición Xela Arias

Debuxos e pinturas científicas

     O 18 de marzo visitounos a que foi profesora de bioloxía do noso centro, Manón. Veu a amosar ao alumnado de Debuxo Artístico de 1ºBAC  os seus debuxos e pinturas creados dende unha visión científica.

Álbum: Curso 2020/2021 -> Debuxos e pinturas científicas

Xogando coa comida

Traballo realizado polo alumnado de 3º-4ºESO e 1º-2ºBAC utilizando unha materia tan efímera, e ao mesmo tempo tan manipulable e chea de cor como a comida.

A corentena de cores

Vídeo do traballo feito polo alumnado de plástica do centro, onde expresan cunha palabra o que sinten na corentena:

Esculturas na praia da Lanzada

     O 22 de maio un grupo de alumnado de 4º ESO e 1º de Bacharelato que cursa Debuxo, acudiu á praia da Lanzada a realizar esculturas de area. Aquí vos deixamos algunhas fotos da actividade:

Álbum: Curso 2018/2019 -> Esculturas na praia da Lanzada

Ilustracións científicas

     O 8 de abril, a que foi ata o curso pasado profesora de Bioloxía e Xeoloxía do noso centro, Manón Funes, impartiu unha excepcional charla ao alumnado de Debuxo Artístico I sobre o seu traballo como ilustradora científica. Nas imaxes podes ver algunhas das súas creacións:

Álbum: Curso 2018/2019 -> Ilustracións científicas

Obradoiro no Verbum

          O 21 de marzo un grupo de alumnado de 4ºESO participaou coa artista Cristina Fernández nun proxecto contra a invisibilidade das mulleres que se desenvolveu no Verbum. Esta actividade enmárcase dentro do programa Creavigo. A obra que realizaron está exposta no corredor do noso IES.

Álbum: Curso 2018/2019 -> Creavigo

Pantoque de Ramón Trigo

          O martes 12 de febreiro un grupo de alumnado da materia de Debuxo Artístico I de 1º de bacharelato visitou a exposición "Pantoque" de Ramón Trigo, no MARCO. Aquí vos deixamos algunhas das fotos que compartiu a profesora Chus.

Álbum: Curso 2018/2019 -> Pantoque de Ramón Trigo
Distribuir contido