Orientación

A seguridade viaria, unha responsabilidade de todos e todas

 Desde o mes de setembro a policía local ven traballando con todos os grupos de ESO a importancia dos nosos estilos comunicativos e das nosas emocións nos desprazamentos activos cotiáns.

É moi importante dar respostas axeitadas e seguras as distintas situacións viarias, non só de conductores, se non tamén de peatóns, dos viaxeiros e viaxeiras, e de todos os usuarios e usuarias.

Todos e todas temos que contribuír á mobilidade segura e saudable.

Álbum: Curso 2023/2024 -> Educación viaria

Convivencia: unha cuestión de dereitos

Na última semana do mes de novembro as alumnas e alumnos de 1º e 2º ESO participaron en dúas charlas do Plan Director para a mellora da convivencia nas que se abordaron dúas temáticas: 

  • O acoso e ciberacoso escolar
  • Os delitos de odio e discriminación

Con estas charlas preténdese concienciar as alumnas e alumnos da importancia do bo trato, do respecto, e do dereito de todos e todas á protección da súa integridade física e moral.

Álbum: Curso 2023/2024 -> Plan Director

Promovendo estilos de vida saudables

    As alumnas e alumnos de 2º e 3º ESO veñen participando ao longo do mes de novembro no programa “Non pasa nada, pasa algo?” do Concello de Vigo.

Segundo os datos recollidos polo Observatorio de Galicia sobre drogas, na nosa comunidade, a maior parte dos e das adolescentes inícianse no consumo de sustancias psicoactivas entre os 14 e os 16 anos.

Desde o ámbito educativo temos que traballar para reducir a incidencia dos diversos problemas sociosanitarios relacionados co consumo de alcohol, de drogas,  e os consumos dixitais inapropiados.

Álbum: Curso 2023/2024 -> Educación para a saúde

Un mundo en movemento

O alumnado de 3º da ESO leva participando todo o trimestre nos Obradoiros de sensibilización en materia de estranxeiría, impartidos pola asociación Médicos do Mundo. Esta actividade ten como obxectivo a concienciación da defensa dos dereitos humanos das persoas migrantes, así como favorecer a convivencia e a cohesión social. 

 

Na violencia de xénero NON pode haber distancia emocional

 

   Si cantan, es ti que cantas;

   si chora, es ti que choras;

   i es o marmurio do río,

   i es a noite, i es a aurora...

                          Rosalía de Castro     

            

As alumnas e alumnos de 3º e 4º ESO

e de 1º de bacharelato elaboran flores en lembraza

de todas e cada unha das vítimas de violencia machista

do ano 2023. 

  

25N

“As veces, as nosas mans son as paredes máis grandes. Poden cubrirnos os ollos e podemos cegarnos a nos mesmos e nos mesmas a tanto do que está sucedendo ao noso redor”. Jaume Plensa.

 

                            

Programa Katorce18

O alumando de 3º da ESO participou nos Obradoiros de Prevención e condutas infractoras impartidas pola Fundación Arela.

Nesta actividade debateron arredor da Lei do menor e sobre a responsabilidade penal na comisión de infraccións. Este encontro permitiulles establecer un intercambio de palabras que os fixo reflexionar arredor do seu papel na sociedade.

É un deber contribuír como institución na formación de cidadáns plenos. Ademais, colabrar con entidades como Arela, fan do noso Centro un lugar de información que estreita lazos coa sociedade. 

 

Álbum: Curso 2023/2024 -> Programa Ktorce 18

Curso 2023-24

  

                                 CONVIVENCIA 

                                              BENESTAR EMOCIONAL

                        

                                     

 

          

 

 

Obradoiro igualdade e prevención violencia xénero

     O 10 de maio o alumnado de 3º da ESO  participou nun obradoiro teatral do PROGRAMA PROMULLER para promover  a igualdade efectiva entre mozas e mozos.

Álbum: Curso 2018/2019 -> Obradoiro igualdade e prevención violencia xénero
Distribuir contido