Buscamos nome e logo para a nosa radio escolar

Atención, alumnado do IES Castelao! Buscamos nome e logo para a nosa radio escolar. Estas son as bases que rexen o concurso. Tedes de prazo ata o día 30 de abril para facer as vosas propostas. Animádevos! Escoitámonos nas ondas. 

                   

Concurso de Microrrelatos con títulos de libros

Dende a Biblioteca Ramiro Fonte, lanzamos o Concurso de Microrrelatos con títulos de libros para festexar o vindeiro 23 de abril, o Día do Libro.

Lede as bases e achegade as vosas composicións ao correo electrónico: 

 bibliotecaramirofonte@gmail.com

Lecturas polo día do teatro

O 27 de marzo conmemórase o Día do teatro. Con tal evento, dende a Biblioteca Ramiro Fonte convidamos o alumnado de 1º da ESO a ler uns fragmentos de coñecidas dramaturxias como: Luis, "El Sonrisas" de J.L. Alonso de Santos (microteatro); Ha llegado un inspector (fragmento) de J.B. Priestley; monólogo inicial de Segismundo e outro fragmento de La vida es sueño de P. Calderón de la Barca, O achado do castro, de Núñez Singala e Os vellos non deben de namorarse, do noso ilustre Castelao. 

Álbum: Curso 2023/2024 -> Lecturas polo día do teatro

O papel das materias primas minerais na transición enerxética

O pasado 21 de marzo o alumnado de Tecnoloxía e Enxeñaría I e de Bioloxía de 1 de bacharelato asistiu a esta interesante actividade impartida por Elena Alonso Prieto, directora da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo.

Unha interesante oportunidade de coñecer o panorama actual das formas de obtención de enerxía e os seus requerimentos en canto a materias primas. E unha ocasión mais para concienciamos da actitude de aforro de enerxía e materiais que debemos ter como cosumidores.

Álbum: Curso 2023/2024 -> Charla: O papel das materias primas minerais na transición ecolóxica

Visita ao campus universitario de Pontevedra

O alumnado de 1º de Bacharelato visita as distintas facultades do campus de Pontevedra.

ENLACE A TODA A INFORMACIÓN 

 

Álbum: Curso 2023/2024 -> Visita ao campus de Pontevedra

Crónica do Parlamento Xove

Algunhas persoas din que debater é cousa de políticos. Outras din que non lles gusta porque iso implica saber falar en público e ter moita labia. Entón, por qué se lle ía dar a oportunidade de participar nun debate a uns estudantes de bacharelato?

Esa pregunta foi a que nos fixemos cando soubemos do concurso do Parlamento Xove: un torneo de debate organizado pola Xunta de Galicia no que mozos e mozas de todo o territorio galego compiten durante unha fin de semana nunha serie de enfrontamentos dialécticos. 

(fragmento) Sergio Costas, Roi Fernández, Xoel Romero e Alejandro Alonso

Programa "Convivindo"

No mes de marzo 1º e 2º de ESO participou nos obradoiros de resolución positiva de conflitos do programa Convivindo  impartidos por psicólogas da Fundación Amigó.

  • A importancia da educación emocional.
  • As emocións: identificación e expresión.
  • Conflitos-emocions: a importancia da comunicación e como xestionar as nosas emocións ante os conflitos. 
Álbum: Curso 2023/2024 -> Programa Convivindo

A importancia da comunicación cos fillos e fillas

Nais e pais do alumnado de 3º ESO participan nas charlas impartidas polo Concello dentro do Programa "Máis que un teito" sobre a importancia do diálogo e a comunicación cos fillos e fillas e as estratexias máis axeitadas nestas idades. 

As veces non é sinxelo que os fillos e as fillas comuniquen as súas inquedanzas no eido familiar, e é moi importante favorecer o diálogo e a comunicación, que se sintan seguros e apoiados. 

Álbum: Curso 2023/2024 -> A comunicación cos fillos e fillas

Primeiros resultados de Polos Creativos

A maquinaria de Polos Creativos está en marcha. O alumnado está pasando pola aula para descubrir como funcionan os aparellos que temos. Aquí vai unha mostra dos resultados que obtiveron. 

Co gallo do 8m, elaboraron chaveiros feministas coa máquina de impresión 3D. Coa cortadora láser fixeron uns recortes de madeira cun QR inserido para achegar información. 

Álbum: Curso 2023/2024 -> Produtos de Polos Creativos

Conferencia do Programa Cívico-tributario

O alumnado de Economía de 4º da ESO e 1º de BACH asistiu a unha conferencia, encadrada no Programa Cívico-tributario que realiza a Axencia Tributaria, onde se intenta concienciar o alumnado da importancia da tributación e a responsabilidade que teñen os cidadáns para contribuír e desfrutar dos bens públicos. 

Además, houbo tempo para todo. Mediante xogos e exemplos de maneira moi didáctica aprenderon canto paga un cidadán medio e a onde van os nosos impostos, sen esquecer de analizar a fraude fiscal. 

Distribuir contido