III Concurso O Ollo de Vidro

          Ábrese o prazo para participar no III concurso "O Ollo de Vidro"  no cal os participantes poden divulgar vídeos recomendando lecturas ou outros traballos audiovisuais ao redor da animación á lectura. Premiaranse os traballos audiovisuais máis valorados de entre os participantes na canle de Youtube Recomendocheunlibro.O prazo de envío péchase o 23 de abril de 2018 ás 23:59h.

         Se queres participar preme na imaxe para consultar as bases. Tamén podes clicar aquí para descargar o tríptico informativo.