Visita de María Luisa Barros, directora da Escola de Espeleoloxía de Galicia

          O pasado 10 de novembro tivemos a sorte de contar coa gran deportista galega, -doble medallista no Campeonato Interfederativo Nacional de Espeleoloxía Tpv- María Luisa Barros Rodríguez, directora tamén da Escola de Espeleoloxía de Galicia.

          Coñecímola de forma sorprendente case no remate do curso pasado, cando fixo de monitora na nosa visita ás COVAS do REI CINTOLO en Mondoñedo (Lugo) para  alumnado de ciencias naturais dos cursos de 3ºESO, e 1º e 2º de Bach.  O que non sabíamos nós era que… Maruxa (como a ela adoita que lle chamen) ademáis, era a nai dunha alumna do noso centro…!! Outra anécdota máis para alimentar o importante curriculum de grandes personalidades que pasaron polo IES CASTELAO.

          Xa aí conectamos coa intrépida aventureira, que nos deleitou cos seus coñecementos e a súa tremenda experiencia no mundo subterráneo e a modelaxe Kárstica, e comprometímonos para facer este curso una boa conferencia -teórica e práctica- que poidera atraer ao noso alumnado ao fascinante mundo da espeleoloxía.

          O que non contaba Maruxa era con ter o salón de actos a rebosar, e neste senso, pedímoslle desculpas por non poder levar a cabo a parte práctica como ela quería… ¡alí había moitos alumnos e alumnas para experimentar…!  A pesar diso, todos desfrutamos da súa interesante e amena charla… con algunas demostracións das destrezas que se precisan neste tipo de deporte ou de investigacións do subsolo, donde cremos que captou a máis dun adepto para a causa da ESPELEOLOXÍA GALEGA e a súa escola.

    MOITAS GRAZAS MARUXA! ESPERAMOS PODER VOLTAR A ESTAR CONTIGO MOI PRONTO… pero mentres seguiremos a túa importante traxectoria, como por exemplo en:

http://www.espeleoloxia.org/web/2017/07/11/la-directora-de-la-ege-doble-medallista-en-el-campeonato-interfederativo-nacional-de-tpv/