Exposición dos corpos do Sistema Solar

 

     Durante varios días estiveron expostos no salón de actos traballos feitos polo alumnado de 1ºESO baixo a coordinación das profesoras Leonor Torres e Manón Funes do departamento de Bioloxía e Xeoloxía. Os traballos versaron sobre o tema 1 do currículo "A Terra no universo" e consistiron en maquetas e carteis nos que  se representaron Urano, Mercurio, o cometa Halley, Caronte, etc.