Obradoiro: Mozas e Mozos que se tratan de = a =

O alumnado de 4ºESO asistiu o 23 de outubro ao obradoiro: "Mozas e Mozos que se tratan de = a =" impartido pola psicóloga Ianire Estébanez experta en recursos para previr a violencia e o control nas relacións afectivas entre adolescentes.
O obxectivo é  promover relacións afectivas saudables baseadas no respecto e desenvolver un espíritu crítico que permita rachar coa transmisión tradicional de roles e estereotipos e apostar por unha igualdade real entre rapazas e rapaces e un futuro compartido e corresponsable tanto no ámbito privado como no público.