FONTÁN de Marcos Calveiro

         Esta novela conta a vida de Domingo Fontán desde o seu nacemento en Portas do Conde (Portas, 1788) aos seus días finais no balneario de Cuntis (1866). A vida do neno que xogaba nun fragueiro ao carón da casa dos pais, a do estudante en Compostela e a do deputado en Cortes, a do liberal represaliado e a do científico atento ás ideas máis adiantadas do seu tempo. A vida do ilustrado, matemático e topógrafo, que elaborou o primeiro mapa científico de Galicia. A peripecia dun liberal galego que loitou polo progreso durante un tempo convulso no que a ciencia comezaba a abrirse camiño pouco a pouco. Marcos Calveiro consegue un equilibrio perfecto entre a recreación histórica e o retrato dunha personalidade extraordinaria.