Admisión curso 2024/2025

1.- Quen pode presentar a solicitude?

Poderá presentar a solicitude de admisión o alumnado que desexe cursar no IES Castelao a ESO ou o Bacharelato no 2024/2025 en réxime ordinario (diúrno).

O alumnado dos centros adscritos de primaria que xa fixo a reserva de praza e o alumnado que xa está a cursar a ESO ou o Bacharelato no noso IES non precisa facer ningún trámite neste procedemento posto que ten garantida a praza. Non obstante, para conservar a praza deberá matricularse dentro dos prazos establecidos (véxase o apartado 12).

2.- Prazo e lugares de presentación

A solicitude de admisión pode presentarse:

  • En papel na secretaría do centro dende o venres 1 ata o mércores 20 de marzo en horario de 9:00 a 14:00.


3.- Solicitude de admisión

A solicitude en papel poderase recoller gratuitamente no centro a partir do xoves 29 de febreiro:

  • Na secretaría de 9:00 a 14:00
  • Na conserxería de 16:30 a 20:00

 

As solicitudes de admisión que se presenten a partir do xoves 21 de marzo deberán empregar o seguinte impreso:

     - Solicitude de admisión extraordinaria (presentada despois do 20 de marzo)

 

4.- Sinatura da solicitude e consentimento expreso

A solicitude deberá estar asinada por calquera das persoas proxenitoras, titoras ou acolledoras do alumno ou alumna. Deberá constar TAMÉN o consentimento expreso da outra persoa proxenitora cubrindo anexo II-bis da solicitude.

 

5.- Petición doutros centros

Na solicitude pódense solicitar ata 5 centros educativos máis por se non resultara admitido/a no IES Castelao. Recomendamos encher este apartado para evitar que lle sexa asignada praza nun centro non desexado.

6.- Documentación que debe acompañar a solicitude

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR EN TODO CASO:

  • Copia do  libro de familia ou outro documento equivalente onde figure o/a alumno/a e as persoas proxenitoras.
  • Volante de empadronamento familiar. No Concello de Vigo pódese obter gratuítamente dende o seguinte enlace.

DOCUMENTACIÓN OPCIONAL:

  • Para valorar puntuación por expediente (1º bacharelato): Certificación académica de 3º ESO.
  • Para valorar o criterio complementario: Orixinal e copia do boletín de notas da 1ª avaliación do curso actual.
  • Se solicita unha praza NEAE: Documentación xustificativa.
  • En caso de separación ou divorcio no que un dos proxenitores/titores teña atribuída a patria potestade: copia da resolución xudicial.
  • Para a valoración do criterio de familia monoparental, a persoa interesada terá que presentar a certificación de recoñecemento da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia ou pola autoridade competente doutras administracións públicas.

Non será preciso aportar máis documentación se na solicitude se acepta a consulta automática do domicilio fiscal, familia numerosa, renda, DNI do solicitante e das persoas que conviven e discapacidade. Se non se acepta a consulta automática deberá aportarse a correspondente documentación xustificativa.
 

No caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos datos de maneira automática  poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

7.- Postos escolares ofertados

CURSO Nº PRAZAS Reservadas NEAE
1º ESO 7
3
2º ESO 10  
3º ESO 0
4º ESO 0
1º BAC CIENCIAS E TECNOLOXÍA
34
1º BAC C. SOCIAIS E HUMANIDADES 27
2º BAC CIENCIAS E TECNOLOXÍA 4
2º BAC CIENCIAS SOCIAIS E HUMANIDADES 0

8.- Puntuación dos diferentes apartados (Baremo)

Clica aquí para consultar a información (PDF).

9.- Criterio complementario establecido polo IES Castelao no baremo

Nota media igual ou superior a 8 na primeira avaliación do curso anterior ao que se opta (por exemplo, se a solicitude é para 1º de bacharelato terase en consideración a nota media da 1ª avaliación de 4ºESO deste ano académico).

Para poder optar a este punto deberase aportar o orixinal e copia do boletín de notas da 1ª avaliación do curso actual. A nota media só se calculará coas notas que figuren no devandito boletín.

10.- Zona escolar do IES Castelao

Pódense consultar as áreas de influencia (ESO e BACHARELATO) do IES Castelao clicando neste enlace. Pódese facer a busca por centro ou por dirección.

11.- Publicación das listaxes do alumnado admitido e non admitido e prazos de reclamacións

  • Publicación das listaxes provisionais:  25 de abril no taboleiro interior a partir das 16:30 (tamén na aplicación admisionalumnado).
  • Prazo de reclamación das listaxes provisionais: Cinco días hábiles desde a súa publicacion.
  • Publicación das listaxes definitivas: 15 de maio.

As listaxes definitivas e provisionais do alumnado admitido e non admitido publicaranse exclusivamente no interior do edificio. Tamén se poderán consultar a través da páxina de admisión de alumnado con Chave 365 ou certificado dixital.

12.- Datas de formalización da matrícula

Do 23 de xuño ao 7 de xullo na secretaría do centro, en horario de 9.00 a 14.00

Segundo está previsto na normativa vixente, o alumnado que non se matricule dentro destes prazos perderá o dereito á praza.

 13.- Que ocorre se non son admitido/a?
O alumnado non admitido pasará á lista de espera. Segundo se vaian producindo vacantes iremos chamando ao alumnado da lista de espera..

13.- Normativa de aplicación

Decreto 13/2022, do 3 de febreiro de 2022.
Orde do 21 de outubro de 2022.
Orde do 18 de decembro de 2020.
Orde do 25 de xaneiro de 2017.
Orde de 12 de marzo de 2013.
Decreto 254/2012, do 13 de decembro.
Sorteo das letras de prioridade para o desempate no procedemento de admisión.

 14.- Contacto

Teléfonos de información (9:00-14:00):  886 111 110 / 886 111 117
E-mail: admisioncastelao@gmail.com

AdxuntoTamaño
1º ESO (Admisión e prematrícula).pdf1.18 MB
2º ESO (Admisión e prematrícula).pdf1.18 MB
3º ESO (Admisión e prematrícula).pdf1.22 MB
4º ESO (Admisión e prematrícula).pdf1.21 MB
1º BACH (Admisión e prematrícula).pdf1.21 MB
2º BACH (Admisión e prematrícula).pdf1.21 MB
Adultos 1º BACH (Admisión e prematrícula).pdf1.27 MB
Adultos 2º BACH (Admisión e prematrícula).pdf1.41 MB