Parlamento Xove 2024

Parlamento Xove é un programa da Xunta de Galicia baseado nunha formación e competición na que os diversos equipos inscritos investigarán e debaterán sobre un tema formulado pola organización, tanto ‘a favor’ como ‘en contra’.

Nesta edición o IES Castelao participou na categoría de Bacharelato. Alejandro, Sergio, Roi e Xoel constituíron o grupo para debater arredor da pregunta formulada: Os Estados deben tomar medidas para limitar o desenvolvemento da intelixencia artificial?

Acompañados pola súa coordinadora, Sara Alonso, achegáronse ata O Carballiño para compartir unha fin de semana con equipos doutros 18 centros de Galicia. O venres tivo lugar o sorteo de emparellamentos e o sábado, os debates. Enfrontáronse contra os equipos do IES Pontepedriña, IES Río Cabe e CPR Santiago Apóstol. 

O resultado foi moi satisfactorio. Defenderon con éxito ambas as posturas e quedaron a 8 puntos de se clasificar para a rolda final. Parabéns, rapaces! Agora toca entrar para o ano na categoría universitaria. 

 

Álbum: Curso 2023/2024 -> Parlamento Xove