Visita á exposición Helmut Newton

O alumnado de 4º da ESO e 1º de Bacharelato visitou a exposición Helmut Newton, na Coruña. Puideron deleitar en primeira persoa a calidade da obra do fotógrafo alemán. Ademais, realizaron un obradoiro de fotografía nun estudio profesional. A actividade, que leva por título “Espellos”, serviu para se observaren reflectidos dende diferentes puntos.

Sen dúbida, unha grata xornada, que quedará, valla a reduncia, fotografada para a posteridade.

Actividade organizada polo Departamento de Debuxo

Álbum: Curso 2023/2024 -> Visita á exposición Helmut Newton