Coñecendo a Castelao

O alumnado de 1º e 2º da ESO pasou pola biblioteca estas semanas para resolver unha xincana, buscando datos arredor do célebre autor de Rianxo. Para iso tiveron que indagar nos libros, nos carteis e nas fichas que había seleccionadas. Todo iso en rondas de 4’.
A maior parte resolveron a actividade satisfactoriamente e levaron premio.

Non cabe dúbida de que, o escritor que lle dá nome ao noso IES, é unha figura apaixonante por descubrir a través das súas Cousas.

 

Álbum: Curso 2023/2024 -> Coñecendo a Castelao