Admisión e matrícula para centros adscritos

PRAZOS DE RESERVA, ADMISIÓN ORDINARIA E MATRÍCULA PARA CENTROS ADSCRITOS
     A partir do 15 de xaneiro comezan os prazos para solicitar admisión en centros de ensino públicos. Os prazos para a formalización da reserva, admisión ordinaria e matrícula, marcados por lei no Decreto 13/2022 de 3 de febreiro, desenvolvido na Orde do 21 de outubro de 2022 son os que aquí se indican. En todo caso, para calquera consulta sobre o procedemento (datas, documentación necesaria, listaxes, etc.) poden acudir ao portal da Consellería de cultura, educación, formación profesional e universidades e á aplicación de admisión


ALUMNADO DE CENTROS ADSCRITOS 


Inicio do proceso: Fases do procedemento

 

Do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro:

    • Reserva de praza desde os centros adscritos de primaria mediante modelo ED550A incluído o Anexo I bis (só alumnado interesado en solicitar praza no centro de adscrición)

Lugar de presentaciónna secretaría dos centros onde se atopa matriculado neste curso ou na Sede electrónica da Consellería de educación vía on line.

Antes do 1 de marzo: asignación de prazas e publicación de prazas vacantes nos centros de secundaria.