A profesora do noso centro, do Departamento de Lingua e Literatura Galegas, Helena Fernández vén de participar en Porto no Programa Integral de Aprendizaxe de Linguas Estranxeiras (PIALE) da Xunta de Galicia.
A estadía compartiuse con outros dezanove docentes de toda Galicia desde o 9 de outubro ao 5 de novembro. O programa consiste na integración nun centro escolar portugués para coñecer novas pedagoxías e observar o seu sistema educativo, alén da mellora na lingua portuguesa, adquirindo vocabulario específico do ámbito educativo. O seu centro de acollida foi a Escola Básica e Secundária Clara de Resende de Porto, onde se sentiu coma na casa. Todo isto está enfocado para a implantación ou mantemento da lingua portuguesa nos respectivos centros da Galiza.
No tempo libre, artelláronse algunhas visitas culturais programadas e o resto foi a escolla de cada participante.
Esta experiencia é unha oportunidade única, da que a nosa profesora volveu colmada a nivel profesional e persoal. Agora é o momento de difundir todo o vivido entre alumando e profesorado e de plantar a semente da lingua lusa no noso centro.
#piale #iescastelao #curso2324 #estadía #Porto
@edu.xunta
@clara_de_resende5e